Conversa usuario:Artritris

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Benvido á Galipedia Artritris: esta é a túa páxina de discusión, que che servirá para recibir mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses, etc. Grazas por colaborar connosco, a túa axuda é especialmente importante. Non dubides en contactar comigo para calquera cousa que desexes: estou á túa disposición.
A continuación inclúo o texto que di como está organizado o proxecto Galipedia. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe

  • Wikisource para textos orixinais,
  • o Galizionario para entradas de dicionario,
  • Galicitas para citas textuais e
  • Galilibros para a publicación de libros.
  • Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un repositorio de imaxes común a todos wikis—.

Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesites aí nós tes.--Lmbuga Commons - Galipedia 23:20, 21 agosto 2006 (UTC)

Para contactar comigo

Para contactar comigo, fai click na
palabra Galipedia da miña sinatura.
Fai click despois na pestana editar
da ventá que se abre. Escribe ó final
da páxina e, cando remates, asina (faiz
click no penúltimo botón da barra que
está encima de la caja de edición, o que
ten unha sinatura como debujo).

Image:Galicia Mugardos.gif[editar a fonte]

Acabo de marcar esta imaxe para que sexa borrada por ausencia dos datos suficientes para se manter na Galipedia. É necesario que especifiques coa maior exactitude posible, de onde tiraches a iacxe para que a licenza poida ser comprobable. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 23:23, 21 agosto 2006 (UTC)

  • Ola de novo. A situación da imaxe, polo que dis non é moi complicada. Vouche indicar o que eu faría, se ben a decisión de como estea a imaxe tela que tomar ti.

Eu poñería nos datos da imaxe exactamente o que puxeches na miña páxina de discusión: O deseño é propio, de feito en Mugardos alguén manipulou un fondo de escritorio que deseñei no seu día para o club (quitoulle o fondo). O escudo tamén o colguei no seu día do meu blog en formato vectorial.

A imaxe ten que ter a mesma licenza que ten no teu blog. O problema é que a caixa do teu blog en que pon cc some rights reserved ten unha ligazón que non funciona e non fun capaz de ver a licenza. Conviría que o amañases.

Vouche colocar a continuación a caixa de datos que lle podes incorporar á imaxe (unha aproximación de como podería ser). Só tes que decidir se é correcto o que está en verde, copiala e pegala:

{| id="toc" style="margin: 0em 0em 0em 0em;
|[[Image:Copyleft symbol.png|20px]] - http://gl.wikipedia.org/wiki/Image:Galicia_Mugardos.gif
:Orixe/''Source'': Feita por min (self made), O escudo tamén o colguei no seu día do meu blog en [http://artritris.blogspot.com/2005/12/galicia-sdc_113580597298970526.html formato vectorial]'
:Autor/''Author'': http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=User:Artritris
:Copyright: Cc-by-sa-2.5-es
:Publicada por/''Publish by'':http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=User:Artritris
:Data/''Date'':21 agosto 2006
:Outros datos/''Other data'': Escudo do [[Galicia de Mugardos]]. Alguén manipulou un fondo de escritorio que deseñei no seu día para o club (quitoulle o fondo) e empregou para o club a imaxe
|}
{{Cc-by-sa-2.5-es}}


Espero que che sirva de axuda. Non dubides en contactar comigo para o que desexes. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 11:09, 22 agosto 2006 (UTC)

Referencias en contribucións recentes[editar a fonte]

Commons-emblem-question book orange.svg

Ola, Artritris. Algunhas das contribucións que realizaches non teñen fontes ou referencias, necesarias para cumprir coa política de verificabilidade da Galipedia. Debido a isto, incluíronse os marcadores {{Sen referencias}} e/ou {{Cómpre referencia}} ou ben foron modificadas ou retiradas dos artigos.

Para engadir referencias nun artigo, tes que incluír <ref>referencia</ref> despois da información, poñendo no lugar de referencia a cita da fonte ou ligazón de onde sacaches a información, cos parámetros de modelos como {{Cita libro}} ou {{Cita web}}. Tamén podes utilizar a ferramenta para citar dispoñíbel na Galipedia; para iso sigue os seguintes pasos:

Na barra de ferramentas hai un botón que pon "Citar". E ao premer nel aparece un menú despregábel onde pon "Modelos".
Ao premer en "Modelos" desprega estas opcións; hai que escoller unha segundo o tipo de cita.
Despois de escoller unha, sae un formulario; unha vez completado, hai que darlle a "Inserir" (non é necesario encher todos os campos).

Antes de retirar o marcador, asegúrate de incluír as referencias no artigo ou artigos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 27 de setembro de 2018 ás 20:22 (UTC)