Conversa usuario:Alex~glwiki

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Benvido/a á Galipedia Alex. Grazas por unirte a nós. Sempre que se suman novos colaboradores pensamos que o proxecto está vivo e avanza polo bo camiño, por iso aprezamos tanto a chegada de novos usuarios. Conta coa nosa axuda para o que faga falta. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe Wikisource para textos orixinais, o Galizionario para entradas de dicionario, Galicitas para citas textuais e Galilibros para a publicación de libros. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesites aí nos tes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 10:52, 8 maio 2006 (UTC)

  • Benvido Alex. Grazas polas túas contribucións. Engadín ligazóns internas ó artigo Oficina de Relacions Meridionals e incorporeille a etiqueta [[Category:Cataluña]], dese xeito estará localizable en Category:Cataluña. Non dubides en contactar comigo cando desexes, e noraboa pola corrección que tes no uso escrito do galego --Lmbuga Commons - Galipedia 20:30, 17 outubro 2006 (UTC)

20.000 artigos[editar a fonte]

Ola Alex. A Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos.

Por mor de teres colaborado connosco, e porque calquera contribución é importante e insubstituíble inda que sexa un feito puntual, ademais de agradecerche o teu labor, invitámoste aos diferentes espazos que na Galipedia celebran a consecución dos 20.000 artigos:

Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando a túa opinión en Wikipedia talk:20.000 artigos. Sabemos que isto non sempre será posible, pois moitos dos usuarios editores da Galipedia non han conectar estes días e, quizais algúns non cheguen a ver esta mensaxe nunca, porque o seu paso pola Galipedia foi fai moito tempo. Así e todo, non queriamos deixar de agradecérllelo.

Grazas de novo por ser un máis entre nós.--Prevert(talk) --Lmbuga Commons - Galipedia 00:57, 6 decembro 2006 (UTC)

Caboverdiano[editar a fonte]

  • Ola, Alex, como vai? Grazas por faceres arranxos no artigo Crioulo caboverdiano, pois eu fixera unha tradución da wiki en portugués xa hai tempo e non volvera a el. Casualmente vin que o revisache, e alegreime das melloras. Engadín un apartado traducido da wiki en portugués no que poño unha imaxe ilustrativa. Máis nada. Recibe un cordial saúdo. --Xoán Carlos Fraga 20:54, 15 xullo 2007 (UTC)

Nova York[editar a fonte]

Non entendo o que pasou pero paréceme que, simplemente, borráche-la miña intervención. Digo isto porque estar, está no historial da páxina de discusión de Nova York, pero na túa contribución xa non aparece. Non importa moito pero se tes interese en le-lo que dicía, aí o tes, no historial. Saúdos, Pedro --Lameiro 20:33, 3 agosto 2007 (UTC)

desculpas talk 1 de xaneiro[editar a fonte]

Desculpas polo meu silencio despois de ter intervido no caso 1 de xaneiro, xa que poido ser interpretado como que apoiaba o xeito irrespetuoso de actuar do administrador. Espero que esta experiencia non te fixese fuxir do proxecto. Un saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 14:53, 1 setembro 2007 (UTC)

modelo linguas romanicas[editar a fonte]

Ola Alex, bo traballo, somente se me ocorren (por agora, jeje) dous comentarios menores:

  • onde se pon ("incluído ...) eu poríao con font pequeno, dacordo co xa comentado
  • existe un artigo de "asturleonés" (asi como o de lingua leonesa e o de lingua asturiana, etc), que sería importante revisases, pois entronca co traballo que estás a facer, e nel califícase ao asturleones como un grupo de linguas. Eu non son experto nese tema, non sei se esa é a consideraciónmaioritaria hoxendia, asi que sería bon que o revisases xunto cos que o editaron, etc.Saúdos ---- Maañón00 (o que ho?) 16:31, 30 decembro 2007 (UTC)

A mandar[editar a fonte]

Creo que non me coñeces o suficiente como para facer ese xuizo de valor. Lonxe da miña intención discutir por discutir, se esa é a imaxe que tes do traballo que fago aquí sintoo. Un saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 23:48, 7 xaneiro 2008 (UTC)

Vai cambiar o seu nome de usuario[editar a fonte]

18 de marzo de 2015 ás 01:43 (UTC)

Renomeado[editar a fonte]

19 de abril de 2015 ás 07:38 (UTC)