Conversa usuario:Albert galiza/Escolla do artigo de calidade

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Primeiras conclusións[editar a fonte]

Deixádeme ir resumindo e concretando. Elimino explicacións e deixo as conclusións. Elimino tamén preguntas segundo son respondidas. Intento seguir unha orde cronolóxica e espero non equivocarme na autoría das propostas. Intentei ser fiel ó que dixo cada quen.

Agrupo as intervencións sobre a proposta de Albert. Suxiro que as ideas que cada quen queira engadir o faga na sección correspondente, debaixo das posicións que xa se deron e que resumo aquí.

[Todo este resumo é responsabilidade de Pedro --Lameiro 23:27, 18 setembro 2007 (UTC)]

A discusión anterior, completa, queda arquivada en Arquivo 19.09.2007.

Tratamento ó usuario[editar a fonte]

  • Albert mesturaba o ti e o vostede pero logo cambia a páxina e deixa só o tratamento de vostede. Aínda así, na discusión di que mellor de ti.
  • Xosé prefire que a páxina trate de vostede ó lector. Co tempo xa nos atuaremos (17.09).
  • Cambiei o vieiro cara un artigo destacado facéndoo xeral, e que non implicara que todo estivera feito pola misma persoa (por aquelo das autonominacións). AlberteSi, digame? 16:52, 19 setembro 2007 (UTC)

Autocandidaturas[editar a fonte]

  • Albert trouxo a proposta doutras wikipedias engadindo a prohibición das autocandidaturas (nas outras non se prohíbe). O 17.09 di que non sabe se habería que permitilas ou non.
  • Lameiro está pola prohibición das autocandidaturas (17.09).
  • Xosé admíteo como regla non escrita pero di que haino que pensar. Lembra que sí se admite o autovoto (17.09).
  • Lansbricae tamén o dá como regra non escrita pero aceptada. Non expresa a súa opiniòn (17.09).
  • Maañón propón que si se acepten (17.09)

Condicións dos votantes[editar a fonte]

  • Lameiro pide que se define qué son “contribucións válidas” (17.09)
  • Xosé propón que sexan 200 (por razóns técnicas) e parece que suxire que deban ser “no espazo de nomes principal”, para evitar contribucións fantasmas (17.09).

Aprobación da candidatura[editar a fonte]

  • Albert propón 5 votos a favor e un 80% de votos favorables (as dúas condicións simultaneamente). Como noutras wikipedias a porcentaxe esixida era do 75% di que igual teriamos que rebaixar ese 80% (17.09).
  • Lameiro di que lle dá igual o 75 ou o 80% (17.09)
  • Xosé non esixiría un mínimo de votos (17.09)
  • Lansbricae propón ve-la media de votos ata agora e a partir de aí establecer un mínimo (17.09)

Actuacións posteriores á aprobación ou rexeitamento[editar a fonte]

  • Albert deixa no aire quen debe facer estas actuacións na proposta, pero na discusión propón que o faga quen propuxo o artigo (17.09)
  • Lameiro propón que o faga un administrador ou burócrata, non quen propuxo (17.09).
  • Xosé propón que o faga aquel que fixo a proposta (suponse que estará “interesado” no seguemento). Engade que haberá que acordar que poida facelo calquera (17.09)
  • BaNjO cre que debería facelo un administrador (17.09)

Director do Artigo Descatado[editar a fonte]

  • Fryant incluía na súa proposta a creación dun Director do Artigo Destacado.
  • Xosé considérao demasiado burocrático e complica-las cousas (17.09).
  • Albert di que pode elixirse a alguén (insinúa que podería ser Fryant), axudado polos administradores se fal falta, ou que se elixiría un entre eles (17.09).
  • BaNjO concorda con que o faga un voluntario, pero que tamén debería poder facelo calquera administrador (17.09)
  • Lansbricae lembra a idea de Fryant de crear un Director e parece estar de acordo con el (17.09)
  • Lameiro cre que nomear un Director é unha complicación innecesaria e propón que entre os administradores elixan un que faga esas funcións (17.09).
  • Fryant mantén esta idea como a máis axeitada para nós –polo tamaño da Galipedia- e manifesta estar disposto a asumilo (17.09).
  • Hugo22 está de acordo con que sexa Fryant pero di que debería preguntarse se hai máis interesados/as (17.09)
  • Maañón concorda coa idea do Director e en que sexa Fryant (17.09).
  • Ben, eu cambio de opinión. Creo que deben ser os administradores os que leven as votacións, como até o de agora levan o sobre galicia ou a imaxe destacada. Crear un Director de Artigos destacados é crear unha figura innecesaria, parcelando así a Galipedia. Polo tanto a votación debe levar calquera administrador. AlberteSi, digame? 17:10, 21 setembro 2007 (UTC)

Artigos de portada[editar a fonte]

  • Lansbricae introduce o tema e pregunta se vai se-lo mesmo Artigo Destacado e Artigo de Portada. El decántase porque sexan unha mesma cousa e reduci-lo tempo do Artigo da Portada (17.09).
  • Xosé cre innecesaria a distinción entre Artigo Destacado e Artigo de Portada e que, como ata agora, os artigos elixidos como destacados vaian á Portada (17.09). Tamén que, se hai moitos artigos destacados podería reducirse o seu período mensual.
  • Como que menos tempo na portada sendo só artigos destacados? Se atendemos ás porcentaxes de artigos destacados en varias wikis (castelá, portuguesa, inglesa, francesa, alemá e catalá) poderiamos dicir que teoricamente o numero de artigos destacados da Gali serían sobre 20, e con tendencia a medrar moi a modo. Polo tanto non vexo posible que na portada só vaian destacados, e menos cada menos tempo. AlberteSi, digame? 17:08, 19 setembro 2007 (UTC)
  • Tendo en conta que habería que repasar todos os que agora son considerados destacados, é dicir, os que xa pasaron á Portada, probablemente teríamos algún máis, sobre 25-30. E como temos que resetear e voltar a 0, propoño que tampoco conte o feito de que xa pasaron á Portada para que volten a pasar. Dese xeito, malo será que durante 25 ou 30 meses (entre dous anos e dous anos e medio), contando un mes por artigo como até o de agora, non se produzan alomenos outros 20 artigos que permitan seguir poñendo na portada todos os destacados. Vaia, non sei se se me entende.Fryant 17:29, 19 setembro 2007 (UTC)

Criterios do Artigo Destacado[editar a fonte]

Re-votación[editar a fonte]

  • Maañón propón que un artigo rexeitado poda volver a presentarse despois de ser modificado significativamente e que se garde un tempo minimo de 3 meses para volver a propoñelo (17.09).
  • Xosé ten dúbidas sobre o alcance desa “modificación significativa” e, pensándoo mellor, cre boa idea establecer ese prazo de 3 meses para unha nova presentación (17.09).