Conversa usuario:85.57.163.246

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
  • Benvido á Galipedia Neal. O Moderador non establece diálogos con ninguén por iso vouche responder eu. Como usuario doutra wikipedia supoño que coñeces un pouco os funcionamento das wikipedias, polo tanto coñeceras que é preferible ser un usuario rexistrado para establecer diálogos con calquera colaborador deste wiki. Supoño que sabes tamén que pedir explicacións dun xeito airado aos colaboradores habituais deste wiki non é unha boa táctica para que se teñan en conta as túas obxeccións. Espero que poidas ter un pouco de paciencia ata que a comunidade decida se se deben incorporar as túas edicións ou non, e inclúas na páxina de discusión do artigo cantos argumentos consideres oportunos. Por último en todos os wikis se chegan a uns acordos e a unhas políticas sobre o funcionamento e os criterios a seguir en diversos temas. O nome dese artigo é froito deses acordos. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:05, 10 decembro 2005 (UTC)
  • Efectivamente non todas as wikipedias funcionan igual polo tanto é bo familiarizarse co funcionamento de cada wikipedia en concreto. O problema da túa edición é que foi feita coma se fose un vándalo. A política da Galipedia e poñer a lingua máis falada a carón do nome en galego. Sabes que todo o mundo ten máis coidado coas contribucións das IP's, iso non é algo que suceda só aquí. Tes o exemplo recente do que sucedeu na wikipedia inglesa Wikipedia:A Taberna (novas)#Desactivada a creación de novas páxinas por anónimos en en.wikipedia. Polo tanto, non deben resultarche estrañas as mensaxes que che deixamos. En todo caso podes rexistrarte ou non pero como temos falado outras veces User talk:81.60.243.176, resultaría mellor facelo para comunicarse cun enderezo fixo e non cunha IP cada vez. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 19:38, 10 decembro 2005 (UTC)