Conversa usuario:85.54.3.79

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) 85.54.3.79 á Galipedia

Ola, usuario anónimo. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases. Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte fai clic nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Wikipedia:Como rexistrarse.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para nos poñermos en contacto contigo.

Unha vez rexistrado, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outros usuarios seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outros usuarios.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo. --Nonso91 11:24, 15 de xullo de 2010 (UTC)

Procedencia das traducións[editar a fonte]

Bo día IP anónima! Coméntoche que de aquí en diante estaría ben que á hora de traducires un artigo indicases, no resumo ou na páxina de conversa do devandito artigo, de onde provén a súa tradución, e senón é tradución ningunha, introducires notas e bibliografía que acrediten a súa validez. Como exemplo tes o inserido por min en Torneo das Seis Nacións 2009. Un saúdo. --Nonso91 11:47, 15 de xullo de 2010 (UTC)