Conversa usuario:83.39.3.15

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ola de novo! Sinto que che poida doer, pero é que, por moito que o que máis saiba sobre un mesmo sexa esa mesma persoa, iso vai contra as normas da wikipedia e contra o seu espírito. Ademais esta acción, a de escribir sobre un mesmo, toca de refilón outros asuntos como: Wikipedia:Wikipedia non é unha fonte primaria ou Wikipedia:Punto de vista neutral. Ademais non é de moi bo gusto autofacerse un artigo.

En definitiva, independentemente do contido do artigo, se se fai sobre un mesmo vaise contra as normas da wikipedia, e é por sio que se eliminou. Agardo que o entendas. A galipedia sigue aberta a que colaboredes, pero noutros artigos que non vos toquen tan de cheo. Un saúdo. AlberteSi, digame? 22:52, 17 xuño 2008 (UTC)