Conversa usuario:81.62.95.157

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Con isto de que de cada vez empregas unha IP diferente, é un pouco lío falar contigo. Todo o que me dis paréceme moi interesante, e agradézoche a explicación. Pero realmente o que eu che estaba preguntando é se podes dar como referencia algunha obra de algún autor de recoñecida autoridade nesa materia. Eu de linguas so entendo o que falo e non son quen de xulgar o que os demais opinan, pero a Wikipedia baséase no que deron en chamar Cinco piares, entre os cales se conta o do Punto de vista neutral, que esixe a verificabilidade dos contidos. Sei que estarás de acordo comigo en que, se queremos facer unha enciclopedia, temos que observar estes principios rigorosamente. Agardo a túa resposta. Un saúdo. Xoacas(a ver se fajo unhas croquetas) 00:18, 12 de xuño de 2010 (UTC)

Concordo en pleno nos cinco piares. No da lingüística sobre alemánico idioma ou non, houbo, hai e terán moitos debates, moitos posiciónanse dun xeito e outros doutro, Dr Hugo Steger (1983) chama a todos os territorios onde se fala suabo e alemánico (Westoberdeutsch), en galego alemán superior occidental, poñéndoo alemán en clasificación tal como cho expliquei antes cos pitos e frautas. Dr Hotzerköcherle 1961 diferenciaba entre baixo, alto alemánico e supra alemánico no seu atlas ligüístico de Suíza pero tamén usaba nomes como Alemánico do sur. Dr Steiner clasificaba por alemánico central, alemánico superior etc. Pero ao parecer, o gran debate lingüístico empezou cun tal Dr. Karl Bohnenberger en 1905. IP