Conversa usuario:80.24.109.113

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Borrei o artigo porque tiña moitos problemas que aconsellaban iso mellor que intentar refacelo, pero se te-la intención de escribilo podo recuperalo. O título estaba mal ("freijomil", con minúscula) e a estrutura non seguía as regras da Galipedia. Non é tanto ser bo nin malo cos ordenadores senón aceptar, á hora de ofrece-la colaboración nesta enciclopedia, as regras que nos temos marcadas, tanto de fondo como de forma. Insisto: se queres recupérocho e o adaptas á estrutura dos artigos. Podes buscar calquera outra biografía e fixarte como se fai, e podes preguntar calquera dúbida ou problema que se che plantexe que atoparás comprida axuda. ¿Es ti tamén o autor da biografía de Constantino Horta y Pardo? É que tamén nos xurde un problema aí. E por último, lembra que é bo para írmonos coñecendo asina-las mensaxes que envíes ós distintos usuarios, para o que non tes máis que clicar nese botón que semella unha sinatura (o cuarto empezando pola dereita). Pensa tamén na posibilidade de rexistrarte. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 23:37, 22 agosto 2008 (UTC)