Conversa usuario:80.24.104.253

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ola. User:80.24.104.253. Benvido á Wikipedia en galego (Galipedia).

Como afeccionado que son ó futbol, estou seguindo con grande interese o teu traballo. É sempre un pracer -e fainos fata- que haxa usuarios que compartan as súas afeccións e/ou especialidades. Así a todo, teño que facerche algunhas puntualizacións, puntualizacións que espero que non provoquen en ti ningún tipo de desánimo á hora de compartir os teus coñecementos connosco na Galipedia.

  • En primeiro lugar, agradeceriámosche que te deses de alta, para así teres nome (ou alcume) e facilitares o dirixirnos a ti. Os únicos datos que obrigadamente tes que incorporar son o nome (ou alcume) co que vas ser coñecido e o contrasinal que vas precisar para accederes con esa identidade. O teu enderezo de correo non tes, se non queres, que incorporalo. Incorporar o enderezo de correo facilitaría que os usuarios que o desexen poidan dirixirse por ese medio a ti. Iso si, en ningún momento serían coñecedores do teu enderezo, faríano desde a ligazón que se lles facilitaría na túa páxina de usuario na Galipedia.
  • En segundo lugar, estás creando artigos mediante un procedemento en desuso. Xa non se fan así. É posible que haxa algunha páxina de axuda atrasada, na cal ti reparases e que esteas a seguir.
Observarás que cando incorporas unha ligazón a unha letra, como por exemplo fixeches cos Rangers no R, non había ningunha ligazón máis (xa vin que ti mesmo a borraches). Se a borras, non hai maior problema; pero o normal sería que a creases noutra páxina, que fixeras unha procura da palabra Rangers (aparece nos artigos 1971, Croacia, selección nacional de fútbol de, Selección galega de fútbol,... e a creases desde aí.
  • En terceiro e último lugar, hoxe en día, xa non se permite ós usuarios asinar os artigos. Si se facía así nun comezo. Verás que cada artigo ten na parte superior unha pestana que pon historial, se premes nesa pestana saberás quen desenvolveu o artigo, e quen fixo variacións; non é necesario para nada asinalos, pois as túas contribucións quedan para sempre rexistradas.

Agradeceríache que me respondeses. Eu mesmo mirarei de retirar a túa sinatura dos artigos que creaches. Calquera dúbida ou comentario que teñas coméntama, estarei encantado de botarche unha man. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 00:03, 21 maio 2006 (UTC)

Amosar vista previa[editar a fonte]

Ola de novo 80.24.104.253

En vez de, para facer un novo artigo, gardar a páxina dunha letra (R para Rangers) podes premer (está ó lado) en Amosar vista previa e terás a posibilidade de crear a páxina sen facer ningunha variación na letra.

Se queres responderme fai click na ligazón que che poño a continuación. Despois, fai click na pestana editar e escribe ó final da páxina. Ligazón: User talk:Lmbuga

Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 00:53, 21 maio 2006 (UTC)

  • Cando teñas unha mensaxe de alguén, fai click no nome da persoa, e logo verás arriba unha pestana que pon discusión, aí é o lugar para falares con esa persoa. No meu caso, accedes directamente facendo click sobre a palabra galipedia --Lmbuga Commons - Galipedia 01:04, 21 maio 2006 (UTC)

Unha observación[editar a fonte]

Volves a estar fóra do sistema. A min tamén me ten pasado. Tes que volver a asinar como usuario para estar dentro. Para saber se estás ou non dentro, tes que reparar en que na parte superior das ventás apareza o teu nome ó lado dun moi pequeniño icono cun busto humano. Se non aparece é que estás fóra do sistema. Espero que iso non che ocorra moito. Deixeiche outra mensaxe en User talk:Grixandermor. Perdoa pola lata que che estou dando.--Lmbuga Commons - Galipedia 01:53, 21 maio 2006 (UTC)

Parcialidade[editar a fonte]

Olá. Agradeço pelo seu contributo futebolístico à Galipedia, mas ao escrever artigos respeite o Princípio da Imparcialidade. Não adicione comentários como "o maior time da Escócia" ou o "grande Celtic". Também peço que use menos negrito nos artigos. Seria bom se se registrasse. Até mais. --Slademsx 02:50, 21 maio 2006 (UTC)