Conversa usuario:189.107.196.148

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tradutores automáticos[editar a fonte]

Ola anónimo/a.

Vexo que editas dende un enderezo IP dinámico e que percorres as Wikipedias en varias linguas, facendo artigos rapidamente, cun tradutor automático.

Por favor, vai a modo, algúns deses artigos non teñen sentido.

Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 25 de abril de 2015 ás 20:09 (UTC)[responder]

Traducións automáticas[editar a fonte]

Por favor deteña as súas traducións automáticas sen revisión posterior, coma a feita na súa última edición. A súa última edición foi marcada como unha tradución automática, e será borrado nun curto período de tempo a non ser que se arranxe o problema indicado.

As traducións automáticas considéranse prexudiciais, xa que o software de tradución automática é propenso a cometer moitos erros. Isto provoca que os artigos requiran unha revisión completa, sendo na maioría dos casos máis axeitado o borrado do artigo e o comezo dende cero. Teña en conta que unha reiteración na inclusión deste tipo de traducións automáticas podería chegar a causarlle ser obxecto dun bloqueo temporal ou permanente. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de maio de 2015 ás 23:58 (UTC)[responder]