Conversa usuario:177.99.99.194

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coldplay[editar a fonte]

Ola 177.99.99.194.

É loable que queiras facer tódolos artigos en vermello no artigo Coldplay (University College de Londres, Camden Town, Phil Harvey, Will Champion...), porén tenta darlle formato, poñer as referencias, categorías, ligazóns interlingüísticas, imaxes etc, aos que xa comezaches antes de empezar novos.

Ten en consideración que sempre é mellor a calidade que a cantidade.

Graciñas, un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 15 de febreiro de 2014 ás 12:51 (UTC)[responder]

Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia[editar a fonte]

Ola 177.99.99.194.

Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC-BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento.

Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

  • A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
Exemplo de recoñecemento.
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
  • Alternativamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, empregando o modelo {{Traducido de}}.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 15 de febreiro de 2014 ás 12:54 (UTC)[responder]

Asina as mensaxes nas páxinas de conversa[editar a fonte]

Ola 177.99.99.194. Por favor, asina as túas mensaxes nas páxinas de conversa.

Asina as mensaxes nas páxinas de conversa.
Asina as mensaxes nas páxinas de conversa.

Graciñas, un saúdo e a seguir!. HombreDHojalata.conversa 15 de febreiro de 2014 ás 15:55 (UTC)[responder]