Phil Harvey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Phil Harvey, nado Philip Christopher Hammond Harvey o 29 de agosto de 1976, é o ex-representante de Coldplay, convertido en director creativo e considerado o quinto membro da banda.

Estudou na Sherborne School con Chris Martin de 1990 a 1995, onde foi o segundo da súa quinta, estudou despois Clásicas no Trinity College, Universidade de Oxford.

Asociación con Coldplay[editar | editar a fonte]

Cando, en 1998, Chris Martin se queixou a Phil da atracción enfermiza que tiña pola banda un dos promotores de Camden, el suxeriu que fixeran seu propio evento no Dingwalls en Camden. Foi aquí que lograron vender as primeiras cincuenta copias do EP Safety, que Phil axudara a custear co seu pai Christopher e o compañeiro de cuarto en Oxford. Considérase que é a partir deste momento que el se fai representante da banda.

Tendo finalmente deixado os estudos para se dedicar á banda, levou a cabo o seu traballo máis ou menos só ata primeiros de 2001, cando o estrés de facer un rol que normalmente requiriría dun equipo o forzou a tomar un descanso largo. El declarou que o Brit Awards de 2001 foi o seu momento máis baixo: 'Estaba sentíndome morto cando debería estar na cima do mundo. A banda recolleu os premios de Mellor Banda Británica e Mellor Álbum e eu só podía pensar canto quería estar na cama durmindo. Dous días máis tarde a miña doutora chamou para dicir que estaba preocupada de eu estar a piques de caer en coma.

Aínda que Dave Holmes o relevou como representante, Phil permanece moito envolvido co aspecto creativo da banda. El foi tamén citado como o quinto membro da banda no encarte de A Rush of Blood to the Head, Viva la Vida, Death and All His Friends e Prospekt's March. No Myspace e no Facebook de Coldplay el é descrito como 'O sabio, guapo e estarrecedor que nos di o que temos que facer' Harvey ten tamén feito cameos en tres vídeos musicais da banda: o primeiro en Life in Technicolor II como un dos homes levando a videocámara e a súa segunda aparición foi en Christmas Lights como un dos Elvises, en Paradise é un dos traballadores do zoo correndo atrás do elefante que se escapa.