Conversa modelo:País

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Habería que trocar os castelanismos "fundación_hitos" e "horario_verano", pero non os troco pois alguén cun bot debería facelo tanto no modelo como nos sitios onde é utilizado---- Maañón00 (o que ho?) 19:34, 1 xaneiro 2008 (UTC)

Se os modificas no modelo xa se modifican en todos os artigo on de se usa, é dicir só tes que cambialo aquí. Lansbricae (Ti dirás) 23:41, 1 xaneiro 2008 (UTC)

Lema nacional[editar a fonte]

Hai un problema co campo "lema nacional" que fai que os paises nos que se insira algo nese campo (véxase Reino Unido ou Francia, por exemplo), saia un anaco de texto que desfai un pouco a caixa á súa dereita. Alguén sabería arranxalo? Saúdos. --Caronium 15:51, 19 abril 2008 (UTC)

Versión anterior[editar a fonte]

Eu prefería a versión anterior. Creo que´o mellor é, partindo da versión anterior, aquelar o infobox coas mudanzas de Hugo, xa que traducíndoo da castelá quedan cousas diferentes e así non rula ben o infobox no artigo do país. AlberteSi, digame? 17:22, 13 xuño 2008 (UTC)

    • Eu son partidario de mudala e poñe-la como na inglesa (é igual na española). Só que fai falta botarlle unha ollada, non sei porque quedou máis grande que a versión castelá. Podería alguén arranxa-la pra que quede igual?--Hugo22 17:29, 13 xuño 2008 (UTC).

Pequeña recomandación[editar a fonte]

Poderíase facer para que o tamaño dos caracteres fosen algo mais pequenos. E que co tamaño actual (moito mais grande que por exemplo o tamaño dos caracteres xerais dos artigos) a dimensión do modelo faise enorme. Saúdos.--Ric delg, Falemos - Zoso.svg 19:26, 16 xullo 2008 (UTC)