Conversa modelo:

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Movémolo a Modelo:Pé? Teño entendido que antes non se podían usar tiles nin espazos nos títulos dos modelos (ou non se sabía), pero agora si que se pode (e sabémolo). Aínda que o modelo é usado neste momento en moitas páxinas, ao movelo queda unha redirección, que fai que todas as páxinas que o usaban queden igual. Movémolo ou deixámolo como está? --Toliño Fala aquí comigo 13:09, 28 abril 2008 (UTC)

Deberiamos facelo... Quen ten un bot que poida operar para mudar todos eses pes por pés?? --Xabier Cid 13:33, 28 abril 2008 (UTC)

  • A min tanto me dá, facendo un redirect xa funcinan os dous, tanto Pe coma Pé, así que non fai falla bot. A ortografía dos nomes dos modelos a verdade é que a min non me semella importante. Pero a favor de movelo, total quedan os dous como válidos... AlberteSi, digame? 14:15, 28 abril 2008 (UTC)

Si se podian usar tiles cando se creou o modelo, o criterio para nomealo así non foi lingüistico simplemente foi o de canto máis simple mellor. Como di Alberte se se move han funcionar os dous. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:24, 28 abril 2008 (UTC)

Feito, pois. --Xabier Cid 15:51, 28 abril 2008 (UTC)