Conversa modelo:Idades

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Problemas[editar a fonte]

Neste modelo, as lendas Holoceno e Plistoceno están descolocadas e introdúcense no texto. Véxase, por exemplo, Paleolítico Superior. Pedro --Lameiro (conversa) 22:00, 2 de outubro de 2012 (UTC)

Por un casual, sáenche en horizontal en vez de en vertical?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:13, 2 de outubro de 2012 (UTC)
Si, horizontal á esquerda e fóra do cadro. Pedro --Lameiro (conversa) 22:19, 2 de outubro de 2012 (UTC)
Usas o Internete Explorer, a que si? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:23, 2 de outubro de 2012 (UTC)
Si, claro, o mellor navegador por moito que teimedes os linuxistas (:)). Ben, o caso é que xa sae no seu sitio pero, postos a mellorar, ¿podes reducir a anchura da banda azul da esquerda e anchear a banda de cores da dereita? Pedro --Lameiro (conversa) 22:25, 2 de outubro de 2012 (UTC)
Así, así. Ti segue probando. Agora cómpre reducir a anchura das dúas columnas (azul e amarela), e escribir Protohistoria e Prehistoria en vertical, como Holoceno. Eu xa o deixo por hoxe. Grazas, Elisardo. Pedro --Lameiro (conversa) 22:39, 2 de outubro de 2012 (UTC)
Eu non son linuxista, eu son firefoxista :). Xa funciona?, pois a min segue a sairme mal no Exploter..., vou mirar o que pasa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:42, 2 de outubro de 2012 (UTC)

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── Pois agora funciona co Exploter pero non co Firefox nin o Chrome, eu xa non dou para máis, agora tócalle a outro :). E o ancho das columnas non o din reducido tampouco. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:13, 3 de outubro de 2012 (UTC)

Vou deixar este modelo tranquilo e vou fuchicar nel nunha subpáxina miña, o que quera botarlle un ollo ou a zarpa que fedelle alí con liberdade. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:05, 3 de outubro de 2012 (UTC)
Mirade a versión de Usuario:Elisardojm/Modelo:Idades. É o que puiden conseguir ata o de agora. Mañá heille dar algunha volta máis. --Toliño Fala aquí comigo 22:12, 3 de outubro de 2012 (UTC)