Conversa modelo:Biografía/probas

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coñecido por é máis amplo que Obras destacadas[editar a fonte]

No caso de quen escribe o feito polo que se é coñecido adoita ser unha ou varias obras literarias. Para o modelo escritor e escritora valería, sempre que se modifique a etiqueta, actualmente como "coñecido/a por", pola propiedade en Wikidata, que penso que é clara: Obra destacada . Pódese pensar en poñer un límite de obras tamén. Para o resto de biografías non se pode usar a correspondencia con obra destacada como coñecido por, porque podería ser pola sinatura dun tratado de paz, por unha batalla etc. Así que, en simple, este debería ser un campo local sempre que se queira manter a "universalidade" do modelo Biografía para aplicalo a distintas categorías de biografías, como é en moitos casos hoxe.

Seguindo co modelo de probas que se notificou en Conversa modelo:Biografía modifiquei hoxe os campos nome completo e nome de nacemento. O nome de nacemento correspóndese agora coa propiedade correcta en wikidata P1477 (antes o cadro en wikipedia indicaba como nome completo o nome de nacemento en Wikidata cando precisamente o nome de nacemento se rexistra en Wikidata por ser diferente ao nome completo). Para nome completo queda un campo local. Seguindo o recomendado para as modificacións nos modelos, porei esta nota na sección que lle corresponde na conversa do modelo correspondente, así que de momento só funcionará con este modelo en probas en espera de respostas por parte da comunidade ( Ver tamén esta conversa).--Maria zaos (conversa) 30 de maio de 2022 ás 18:51 (UTC)[responder]