Conversa ficheiro:Gañadores Premios Merlín.jpg

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Acabo de ver que a imaxe está proposta para ser eliminada, pero a licenza é a mesma doutras imaxes que si foron admitidas e que tamén subín eu. Poderíasme dicir cal é o problema e así poder solucionalo. Eu son a autora da fotografía. Grazas.--Aprofa (Dime algo aquí) 23:08, 10 de agosto de 2010 (UTC)

Si, :), de mil amores. É o que che comentaba antes respecto das praias: a foto tela en Flickr cunha licenza que impide a explotación comercial, e esa pequena cousa impide que sexa compatible coa Wikipedia. O que podes facer é modificarlle a licenza en Fickr. :) --Xabier Cid Talk, please 23:37, 10 de agosto de 2010 (UTC)
Xa está cambiada a licenza, perdón, confundírame de licenza. Se fas o favor, cando sexa así, avísame e xa cambio a licenza.—o anterior comentario sen asinar foi feito por Aprofa (conversacontribucións)
Pilar. Eu son o que marquei a imaxe como incompatible, e aviseite, na mesma páxina da imaxe en flickr. Quizais tivera sido mellor que te avisara na túa páxina de conversa da Galipedia. En fin. Grazas por mudar a licenza--. HombreDHojalata.conversa 19:14, 11 de agosto de 2010 (UTC)
HombreDHojalata o que pasou é que vin despois o teu aviso. Grazas de todas formas. Saúdos.--Aprofa (Dime algo aquí) 11:18, 12 de agosto de 2010 (UTC)