Conversa ficheiro:Paz begohna ollo.jpg

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Penso que isto non se pode facer. Un usuario non pode subir unha foto feita por outra persoa e licenciala baixo PD-propia ("Public domain I, the author of this work, hereby release it into the public domain...")--. HombreDHojalata.conversa 17:09, 10 de setembro de 2010 (UTC)

Iso parece, si. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 18:16, 10 de setembro de 2010 (UTC)

Dicídeme como fago, porque teño a autorización da autora para subila, a confirmación de que se trata dun autorretrato e todo o que creo que hai que ter en regra. A licenza púxenlla así un pouco ao chou, porque como sabedes non son eu ningún entendido das licenzas. O caso é que o ficheiro mo cedeu (como a Lameiro lle cederan a caricatura aquela de Siro para o artigo de Ramón Piñeiro) para outro propósito, e coa mesma propúxenlle subila á Galipedia para así a liberar por completo. En fin, informádeme, que licenza lle cumpre? Graciñas e un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 01:01, 11 de setembro de 2010 (UTC)
  • Cedeuna coa condición de que calquera, incluso fora da galipedia, poida facer obras derivadas e incluso comerciar con ela? Pregunto--. HombreDHojalata.conversa 11:24, 11 de setembro de 2010 (UTC)
Pois a verdade que ma cedeu para eu a meter coas mesmas condicións que meto sempre todos os meus ficheiros. Se cambiei a licenza que uso habitualmente, é dicir, Dominio público, todos os dereitos liberados, foi a teor de que eu non son o autor, pero non por restarlle ou aumentarlle nada con respecta á licenza mencionada. Se cadra non me estou explicando demasiado ben. En fin, que cedeu a imaxe para liberala na Galipedia, e eu quedei de a subir. --Atobar (conversa comigo) 11:34, 11 de setembro de 2010 (UTC)

A cuestión, entendo eu, é que sendo ti a persoa que a sube e ela a autora (autorretrato, di), non encaixa unha licencia que comeza cun "I, the author of this work...". Non hai modo de cambiar a cousa? Xoacas(ti si que es lindo, ho) 11:56, 11 de setembro de 2010 (UTC)

Por encaixar, si que encaixa: a autora da foto libera a foto no dominio público. Nesta frase, o suxeito non ten por qué ser quen subeu a foto. Queda o problema de te-la certeza de que lle cedeu a foto, nesas condicións. Certeza documental porque a certeza moral xa a temos, se así o afirma Atobar. Cando foi o do debuxo de Siro xa xurdiu este mesmo problema, e quizais fose bo redactar un papelito que firmase a persoa que cede os dereitos onde quede clariño que o cede para calquera posible uso derivado e comercial. Non sei se tal papel tería valor "legal" nin onde e quen o tería que conservar. Volvendo ó caso de Siro, creo que foi Lmbuga quen me aconsellou subila primeiro a Flickr -con tódolos dereitos liberados- e desde aí pasala a Galipedia nas mesmas condicións. Pedro --Lameiro (conversa) 14:43, 11 de setembro de 2010 (UTC)
Conta de Flickr non teño, pero podo creala se esa é a maneira. Seguirei atento a conversa, para ver como solucionamos este oco; nos próximos días igual teño que subir unha de Diego Ameixeiras, nestas mesmas circunstancias. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 14:59, 11 de setembro de 2010 (UTC)
  • Ben, o tema e complexo. O primeiro e principal é saber si a persoa que ten os dereitos da foto, o fotógrafo ou a persoa ou empresa que pagou por facer esa foto (que non ten porqué ser Paz) a cedeu permitindo a obra derivada e mesmo o uso comercial. Non vale que a cedera "para usala na galipedia". Disto tendes máis información, en varios idiomas, aquí:
Todo o material dispoñible na Galipedia debe estar baixo unha licenza libre que permita a calquera usar o material para calquera próposito (vexa tamén Commons:Criteria for inclusion). En particular, a licenza debe cumprir as seguintes condicións: * Debe permitirse republicar e distribuir. * Debe permitirse publicar obras derivadas. * Debe permitirse o uso comercial da obra. * Pode esixirse o recoñecemento de todos os autores/contribuíntes a unha obra. * Pode esixirse publicar a obra derivada baixo a mesma licenza. * Pode esixirse usar formatos de ficheiro de código aberto libres de restricións na administración de dereitos.

Se ese é o caso, entón, tentarei explicar cales son as opcións e maneiras mais doadas de subir a foto, senón é o caso, toda a explicación posterior é inútil, cómpre eliminar o traballo inmediatamente.

En definitiva, hai que preguntar:

  1. Paz fixo ela mesma a foto, ou pagou por ela, e por tanto ten os dereitos sobre ela?
  2. En caso de que a resposta á pregunta anterior sexa afirmativa. Paz permite que a foto poida ser modificada de calquera xeito?
  3. Paz permite que se poida vender calquera cousa coa foto, ou derivado e se obteña beneficios comerciais con iso?

Se algunha das respostas non é "si", compre borrar a foto, e fin do tema. Se as tres respostas son "si", entón, entramos noutro tema, que é como se pode subir o traballo. --. HombreDHojalata.conversa 18:19, 11 de setembro de 2010 (UTC)

Ningún problema até aquí, HombreDHojalata. Sigamos. --Atobar (conversa comigo) 18:37, 11 de setembro de 2010 (UTC)

Ben, entón, partindo de que o sistema empregado ata agora non é valido (Atobar non posúe os dereitos de autor), hai dous camiños:

  1. Ou subir a imaxe á Galipedia.
  2. Ou subir a imaxe a Wikimedia Commons.

Eu son partidario de subir sempre a imaxe a Commons, nunca á Galipedia, por varios motivos que non veñen a conto agora, pero, principalmente, porque commons ten establecidos procedementos que nos van posibilitar/facilitar cousas que na Galipedia non podemos facer. Quitando iso, vou a explicar as alternativas, tanto na Galipedia como en Commos.

  • Para poñela na Galipedia é imprescindible que a persoa que ten os dereitos, persoalmente (non pode ser ninguén por ela), a licencie en calquera sitio que sexa verificable, pode facelo en calquera publicación (libro, revista, páxina web, blog, flickr, a mesma Galipedia, Wikimedia Commons, etc). So ten que publicar a foto e cascarlle un: "Eu, posuidora dos dereitos da foto os cedo baixo a licencia CC-BY-SA" (ou "Eu, posuidora dos dereitos da foto os cedo baixo a licencia CC-BY") ou similar. Porqué se recomenda sempre flickr? porque facer iso en flickr é moi doado. Unha vez feito isto, calquera, en calquera momento, ela mesma, Atobar, eu, Xoacas, un tipo de Logroño... pode subir a foto á Galipedia (citando a orixe, claro). O problema é si quen posúe os dereitos non se quere meter nesas leas de publicar a foto, entón so hai unha alternativa, que é facelo co sistema OTRS, que existe en Commons e non existe na Galipedia.
  • En Commons pode aplicarse todo o dito no punto anterior, pero, amais, temos outro sistema, o OTRS. A aplicación do sistema OTRS (so dispoñible en commons, non na Galipedia) consistiría, basicamente, en que a posuidora dos dereitos tería que enviar un correo electrónico a Atobar, por exemplo, onde se identificara como tal, e identificara inequivocamente a obra, e onde figurara expresamente que cede os dereitos (obra derivada, uso comercial, etc). Entón Atobar tería que enviar ese correo seguindo as instrucións que veñen aquí: Commons:OTRS/gl e podería subir a imaxe a Commons cascándolle a etiqueta '''{{OTRS}}'''. Con este sistema queda rexistrado por escrito (verificable so para administradores de commons) a cesión dos dereitos.

Resumindo... sistema máis doado e o que eu persoalmente recomendaría: que Paz poña a foto en flick con licenza "Creative Commons, Recoñecemento-CompartirIgual 2.0 Xenérica"--. HombreDHojalata.conversa 19:13, 11 de setembro de 2010 (UTC)

  • Ben. Voulle dar unha volta ao asunto. De feito, a única razón pola que son eu quen sube a imaxe e non ela (e xa outras veces deixaron, ou deixei eu cando menos, de subirse imaxes por este motivo) é que a ela lle resulta, dime, complicado. Eu expliquei como se fai, pero aínda así. En fin, que farei como cumpra. --Atobar (conversa comigo) 19:53, 11 de setembro de 2010 (UTC)