Conversa categoría:Xéneros de nubes

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O nome desta categoría é confuso. As nubes, segundo a clasificación adoptada pola Organización Meteorolóxica Mundial, clasíficanse en dez xéneros principais, que son os que aquí aparecen (agás Stratiformis) máis os Stratocumulus, que faltan. Á súa vez, estes dez xéneros prinicipais, clasifícanse en especies e variedades, os cales poden participar de máis dun xénero. Aínda hai unha outra clasificación a maiores, a que atende aos seus trazos suplementarios. Realmente, Stratiformis é unha especie, e non debera aparecer ao mesmo nivel que os xéneros, xa que dá a idea de pertenceren a un mesmo nivel xerárquico, cando non é así. Propoño mover esta categoría a Xéneros de nubes e para stratifomis crear a categoría Especies de nubes, dependente daquela, e que intentarei ir enchendo aos poucos co resto de especies de nubes que existen. Na páxina web do INM de Costa Rica explícano bastante ben. Un saúdo.--Paradanta (Cóntame) 22:16, 14 de outubro de 2010 (UTC)

Acabo de categorizar Stratocumulus, o xénero que faltaba.--Paradanta (Cóntame) 22:18, 14 de outubro de 2010 (UTC)
Paréceme coherente.--Cheluco 13:51, 15 de outubro de 2010 (UTC)
Ben, o que pasa é que algo me soa de que as categorías só as poden mover administradores. Vou deixar un aviso no seu taboleiro, a ver se algún se presta. Saúdos!--Paradanta (Cóntame) 14:28, 15 de outubro de 2010 (UTC)