Conversa categoría:Militares do Xapón
¿Qué é mais correcto militares de Xapón ou do Xapón?, eu creo de, xa que todas as categorías de militares son paises son: militares de (nome do país); e así é mais doado categorizar os artigos.--Carronada 03:30, 7 marzo 2010 (UTC)
- Vendo como está o panorama non sei moi ben que opinar: por unha banda hai Gran Premio de Xapón, Escudo de Xapón, Bandeira de Xapón, pola outra temos Lista de Illas do Xapón, Rexións do Xapón, Prefecturas do Xapón, Mar do Xapón, Lista de emperadores do Xapón, Política do Xapón, Historia do Xapón, Economía do Xapón, etc. Semella que gañan os "do" fronte aos "de". --Xoacas(Góstache o pemento?) 13:36, 7 marzo 2010 (UTC)
Se o comparamos co país gañan os do pero se o comparamos coa categoría gañan os de.--Carronada 14:04, 7 marzo 2010 (UTC)
Parece que ese dilema só se presenta con certos países (a arxentina, o Brasil, o Xapón, o Uruguai...), non é de extrañar que sexa maioría o "de". --Xoacas(Góstache o pemento?) 14:30, 7 marzo 2010 (UTC)
- Si, certos países teñen a tradición de leva-lo artigo (a China, o Brasil etc.) e un deses é o Xapón. Creo que o correcto sería Militares do Xapón. O resto de categorías referidas ó Xapón hai que homoxeneizalas (pódese facer cun bot). --Alberte Si, dígame? 15:47, 7 marzo 2010 (UTC)
- Concordo Eu voto que si, e que vivan os bots. --Xoacas(Góstache o pemento?) 18:03, 7 marzo 2010 (UTC)