Conversa categoría:Cultura tradicional

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Non debería chamarse Cultura tradicional de Galicia, que é contido dos artigos que recolle? Lansbricae (Ti dirás) 23:08, 29 setembro 2007 (UTC)

  • Opino que non. Creo que aquí, na Galipedia, debemos sobreentender que se refire a Galicia. Se un día alguén crea artigos sobre cultura tradicional africana, será esta a que deba leva-lo adxectivo. O mesmo argumento serve para outras moitas categorías que xa temos que levan o engadido "de Galicia" e ó mellor, por coherencia, habería que face-lo mesmo neste caso, pero insisto en que boa parte da nosa función aquí é facermos unha enciclopedia galega, onde os conceptos se refiran, salvo que se diga outra cousa, a Galicia.
  • Lembro agora que quedou pendente unha discusión semellante sobre unha categoría "Cultura popular", á que tamén querías engadir "de Galicia".
  • Claro que a ver en qué diferenciamos "Cultura popular" e "Cultura tradicional".
  • Pedro --Lameiro 23:30, 29 setembro 2007 (UTC)
  • Lameiro, podo ser da túa opinión e comparto a importancia do tema galego, pero o certo é que esta é unha enciclopedia universal escrita en Galego polo que deben diferenciarse as administracións públicas de Galicia das outras, o audiovisual Galego do resto xa que xa existen artigos de moitas categorías nas que poden compartir título de contidos de diversas procedencias. A utilidade de poñerlle o apelido de Galicia (eu prefiroo a galegos) e resaltar a ordenación do propio Galego. Un exemplo existe a categoría administración, que engloba tanto artigos de Administracións Públicas como de administración no termo máis xenéricos. Nelas a maioría eran de Galicia. Fixen unha categoría nova de Category:Administracións públicas de Galicia e os pasos seguintes cando se vaian acumulando artigos sería a división en administración estatal, Administración autonómica e administración local. Cada unha destas debería colgar de Administracións públicas de Galicia e esta de Galicia e de administracións públicas. Desta forma estaríamos a potenciar a cohexión dos artigos relacionados con Galicia. O tema do que tipo de Enciclopedia queremos xa foi obxecto de debate (antes de que eu chegara) na taberna (podes mirar no historial) e non houbo un acordo, creo que a opinión maioritaria era primar o caracter universalista fronte a potenciar o carácter diferencial galego pero non é algo todavía consensuado e creo que é difícil poñernos de acordo en esto, e iso que eu comparto a túa visión da Galipedia nese aspecto, pero discrepo no das categorías sen apelido "de Galicia" porque me fixeron ver a súa utilidade sobre todo Prevert cando fixen a proposta aberta da Categoría Patrimonio histórico e artístico de Galicia, na que tamén daba por sobre entendido o de Galicia e non o tiña en conta no momento de crear os títulos. O problema das categorías é que non se poden mover polo que se deben prever de antemán as posibles confusión de contidos semellantes pero xeográfica ou temporalmente distintos. Non sei se me explico ben, pero quenes o debatiron e mo explicaron fixéronme entender que o poñerlle de Galicia facilitaba as futuras creacións de categorías...

No de cultura tradicional e Cultura popular para min son duplicidades pero non sei moito de etnografía. Saúdos Lansbricae (Ti dirás) 23:47, 29 setembro 2007 (UTC)

  • Eu penso que sí, é unha enciclopedia, canto máis concretemos mellor, non porque esteamos en Galicia temos que dar por sentado as cousas, para un aragonés que entra na Galipedia, e entra en cultura tradicional, podería pensar que se está a referir á española, habería que concretalo, non me parece un argumento que o que se deben concretar son os demais (a africana, etcétera), temos que facer contidos enciclopédicos, non outro tipo de defensas da primacía da nosa cultura coas que podería estar dacordo, pero que penso que non é aquí o sitio onde as debemos trasladar. Alma 23:50, 29 setembro 2007 (UTC)