Conversa categoría:Bebidas alcohólicas

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Se ben as dúas formas son válidas, semre entendera que se prefería a forma alcol e polo tanto alcólico. Alguén sabe con exactitude este punto? --Xabier Cid 22:28, 2 setembro 2007 (UTC)

  • No VOLGa non se establecen preferencias. No DRAG tamén se dán como sinónimos, pero define en alcohol e remiten en alcol. No Gran Xerais tamén se dan como sinónimos e define da mesma forma nas dúas formas.
  • As Normas Ortográficas non mencionan estas palabras.
  • No buscador do DOG hai 4 aparicións de alcohol (ata 2006: Identificación dos trastornos debidos ao consumo de alcohol) e ningunha de alcol. Hai 20 de alcohólicas (ata 28.03.2007: atención ás drogodependencias non alcohólicas no Servizo Galego de Saúde) e 1 de alcólicas (de 1997).
  • Entendo que o H gana por goleada.
  • Se alguén pode acceder ó Bilega teriamos moi boa información sobre o uso dunha e outra forma.
  • Pedro --Lameiro 22:56, 2 setembro 2007 (UTC)
  • No Cumio establécense como sinónimos. Alma 23:01, 2 setembro 2007 (UTC)