Conversa categoría:Anarquistas

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
  • Non sei, pero creo que ós anarquistas non lles faría graza que se lles incluira en Personalidades da política, cando aborrecían dela. AlberteSi, digame? 14:40, 6 xullo 2007 (UTC)
    • Xa, pero é onde pertencen, a non ser que se lles meta no sindicalismo. Federica Montseny foi ministra... --Xosé (✉) 15:38, 6 xullo 2007 (UTC)
    • Para que Montseny fora ministra tiveron que darse bastantes condicións externas que fixeron ós anarquistas chegar a ese extremo (xa ves, nunha guerra civil... e cunha guerra civil dentro doutra guerra civil, co que era necesario incluír un anarquista nun goberno para cabalgar unidos á vitoria). Eu apostaría por metelos en Personalidades do sindicalismo. AlberteSi, digame? 15:44, 6 xullo 2007 (UTC)

Sen entrar en moitas fonduras, deberiamos encaixar os anarquistas onde deben ir, non onde eles pensan que deben ir. Ante a dúbida (quizais Monzo podería ir en sindicalismo, pero Montseny máis claramente en política), quizais deberiamos metelos nas dúas. --Xabier Cid 16:12, 6 xullo 2007 (UTC)