Conversa Wikipedia:Wikiproxecto mantemento

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tarefas pendentes[editar a fonte]

Non acabo de entender qué problema teñen a maioría das imaxes de Categoría:Imaxes tarefas pendentes. Nalgúns casos vexo que só faltaría a descrición, un problema tan fácil de resolver que non pode ser a causa de estar aquí clasificadas. Temos entre elas 15 bandeiras e 13 escudos, para logo ter outra Categoría:Imaxes de símbolos de Galicia pendentes de confirmación, con 5 bandeiras e 2 escudos. ¿Por que están separados? ¿Que problemas teñen? Pedro --Lameiro (conversa) 13:46, 12 de outubro de 2011 (UTC)

Pois si. Na maioría das veces so se trata de que lles falta a descrición e/ou o autor, así de sinxelo. Cando iso ocorre a clasificación en Categoría:Imaxes tarefas pendentes e Categoría:Imaxes sen orixe, respectivamente, é automática. --. HombreDHojalata.conversa 13:54, 12 de outubro de 2011 (UTC)

Ligazóns rotas cara a ficheiros[editar a fonte]

¿Cales son estas ligazóns?, ¿as que hai nas seccións de ligazóns externas ou tamén as das referencias?. ¿Había unha ferramenta automática que as revisaba?. Se algo diso habería que poñelo na páxina. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 02:02, 1 de novembro de 2011 (UTC)

Non, non. Trátase das ligazóns internas a ficheiros. Para que nos entendamos, que haxa unha foto metida nun artigo cando a foto xa non existe. Vou redactar o apartado para que se entenda mellor. --. HombreDHojalata.conversa 09:26, 1 de novembro de 2011 (UTC)
Ah, vale, xa caín da burra :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:11, 3 de novembro de 2011 (UTC)

Amañei as que puden e deixeille unha mensaxe a Sobreira para que amañe dúas subpáxinas del para que non se metan na categoría. As outras páxinas non vin qué ficheiro é o que está facendo que se metan na categoría, a ver se alguén ten mellor ollo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:19, 3 de novembro de 2011 (UTC)

Unha curiosidade que teño, ¿como é que o outro día só había 4 páxinas nesta categoría e hoxe aparecen 70 e pico que non son páxinas novas?. ¿Será que o novo software ese está percorrendo a Galipedia ós poucos e atopando novas páxinas con erros?. Outra cousa, hoxe vin varias páxinas arquivadas de conversas da taberna que teñen ligazóns a ficheiros que non existen, ¿facemos algo con elas ou deixámolas estar?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:42, 6 de novembro de 2011 (UTC)
Correcto, o MediaWiki non as clasifica todas de golpe, vaino facendo pouco a pouco. En canto ó outro, nas vellas pódese desfacer a ligazón con coidado de non desvirtuar o sentido da conversa, por exemplo substituíndo os corchetes dobres por sinxelos e indicando o motivo no resumo de edición [1]--. HombreDHojalata.conversa 12:30, 6 de novembro de 2011 (UTC)