Conversa Wikipedia:Wikiproxecto Categorías/Fórmula 1
Proposta de User:Fryant
[editar a fonte]Proposta de categorización de tódolos artigos relacionados coa Fórmula 1:
- ...
FryantTralarí Tralará 21:42, 14 outubro 2007 (UTC)
Comentarios
[editar a fonte]Moi ben Fryant, moi ben!! Creo que se axeita bastante á categorización que eu propuxera de deportes e que aínda está aprobar, pero supoño que isto reforza as propostas anteriores: imos no mesmo camiño. Eu véxolle algunhas pegas de texto (localización, e non ubicación), algunhas pegas de denominación (categorías demasiado longas pra cousas frecuentes, incluso categorías, como os grandes premios que se disputan actualmente, que quizais sería mellor resolvelo cunha táboa e non cunha categoría, debido ao movemento continuo de elementos dentro e fóra), e unha pega xeral: a árbore está xenial, pero se facemos unha categorización moooi complexa, e isto o é, podemos chegar a facer moi engorroso o traballo de edición, e que haxa que ser un verdadeiro experto pra categorizar calquera cousa que teña que ver con Fórmula 1. Pero, vamos, en liñas xerais, estou de acordo e parabenízote, :) --Xabier Cid 22:51, 24 outubro 2007 (UTC)
- Mudo ubicación por localización e elimino a categoría de grandes premios que se disputan actualmente, pois tes razón en que se pode substituír por unha táboa ou incluso template, non o pensara. Con respecto ós nomes de categoría demasiado longos, se encontrades algún mellor dicídimo e o mudo, porque eu penso o mesmo, mais non se me ocurriu ningún mellor e que fora máis curto. E sobre o da complexidade, pensei este árbore mirando cara o futuro, para xa non telo que tocar máis a non ser que se produza un cambio tan grande na Fórmula 1 que nos obrigue a iso. Penso que están incluídos todos artigos que xa estáagora feitos e os que nun futuro non moi lonxano se farán, o que unha categorización máis sinxela e xeral non permitiría. Pero por outro lado, os nomes das categorías son demasiado claros como para que a categorización non sexa doada, sempre e cando saibas quen ou que é o que estás a categorizar, claro, e para sabelo ler o artigo debería chegar dabondo.--FryantTralarí Tralará 11:32, 25 outubro 2007 (UTC)
Moi completo, bo traballo, só se me ocorre que non recolles os ostiazos da Fórmula 1 e os pneumáticos que agora xa son os mesmos,jeje. Moi bo traballo Concordo en que adiante con el. Lansbricae (Ti dirás) 11:43, 27 outubro 2007 (UTC)
Mmmmm.... Eu creo que só houbo dous ostiazos (XD) que teñan tal importancia na Fórmula 1 que merezan artigo propio: a morte de Ayrton Senna e o de Le Mans de 1955, que non foi na Fórmula 1 pero que provocou a retirada de Mercedes-Benz das competicións automobilísticas durante máis de 30 anos. Aínda así, haberá que categorizalos, así que meto Category:Accidentes de Fórmula 1. O dos pneumáticos é impepinable, debe haber categoría, así que creo Category:Empresas relacionadas coa Fórmula 1 e dentro dela Category:Fabricantes de pneumáticos de Fórmula 1 e Category:Fabricantes de motores de Fórmula 1. Ben visto, Lansbricae. ;)--FryantTralarí Tralará 12:59, 27 outubro 2007 (UTC)
- Tiramos para adiante con isto ou alguén quere propor algo máis? Se ninguén di nada, nunha semana comezarei a aplicar esta categorización, entón.--FryantTralarí Tralará 16:07, 29 novembro 2007 (UTC)
- Xa que ninguén aporta nada máis, comezo a traballar con este árbore.FryantTralarí Tralará 22:41, 9 decembro 2007 (UTC)