Conversa Wikipedia:Wikiproxecto 1000 artigos de calidade para alumnado de 12 a 16 anos/Xeografía e historia

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Creo que habería que revisar algunha cousa, é lóxico que os vascos teñan tres artigos sobre as guerras carlistas pero penso que para un escolar galego abonda un. O mesmo as deputacións, non é o mesmo as deputacións forais, que se elixen por voto directo e son auténticas autonomías provinciais (mesmo con policía, aínda que simbólica, e facenda propia) que as deputacións galegas que creo que están xa ben representadas na organización territorial de Galicia.--HacheDous=0 (conversa) 19 de xullo de 2018 ás 14:21 (UTC)[responder]

Si HacheDous=0, polo momento estou traducindo/adaptando as listas de eu.wiki, cando remate haberá que revisalas e axustalas ó currículo escolar galego, tiña pensado facelo nunha segunda fase. Cando remate as listas e algúns detalles máis, avisarei de novo na taberna para pasar a esa fase. Pero se ti tes os coñecementos e as gañas para ir dándolle, adiante! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de xullo de 2018 ás 16:30 (UTC)[responder]