Conversa Wikipedia:Votacións/Prazos, porcentaxes e votos mínimos para as votacións

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A votación rematou o hai unha semana, mais eu estiven ausente e vexo que non se fechou. Analizo os resultados:

  • Votacións para borrar: 5 a favor, 4 en contra (1 fóra de prazo), 1 neutro - non se aproba
  • Destacados da Portada: 7 a favor (1 fóra de prazo), 2 en contra (1 fóra de prazo)
  • Aprobacións de bots: 3 a favor, 4 en contra (1 fóra de prazo), 2 neutros - non se aproba
  • Concesión e revogación do status de administrador: 3 a favor, 4 en contra (1 fóra de prazo), 3 neutros - non se aproba
  • Políticas da Galipedia: 6 a favor, 4 en contra (2 fóra de prazo)

A única votación que supera os 3/4 das políticas é a de Destacados da Portada, polo que sería a única que se vise confirmada. As demais seguirían como están (sen prazos nen mínimo de votos as que non conten con isto), a saber:

É posíbel que me equivocase nalgún dato. Se é así, corríxase. --Xosé (✉) 18:43, 6 febreiro 2008 (UTC)

  • Modifiquei no de eleccion e revogación de administradores os votos en contra, posto que o de Elvire tamén estaba fóra de prazo, así que son 4 en contra e (1 fóra de prazo).

En canto a segunda parte concordo con todo agás co dos Bots que na Política se di expresamente que requiren un mínimo de 3 votos afirmativos e un prazo dunha semana Wikipedia:Bots. Alma (fálame eiquí) 19:09, 6 febreiro 2008 (UTC)