Conversa Wikipedia:Sobre Galicia/xaneiro 2020

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Creo que sería mellor poñer a imaxe que aparece na caixa de información, primeiramente porque nesta non se pode ver toda a orquestra (nesta a sección de contrabaixos non se ve, a de percusión vese parcialmente e hai varias cabezas cortadas nos metais), a da caixa está tomada na sede da orquestra (a que aparece agora está tomada en Donostia), na imaxe da caixa pode verse o coro da OSG que tamén se menciona no artigo, na imaxe da caixa non aparecen solistas, menos importante, pero a ter en conta, a imaxe da caixa é obra dun compañeiro da Galipedia. Certo que a imaxe actual presenta á orquestra nun concerto (toda vestida e en plena acción) e presenta unha alta calidade (o cal non é raro sendo tomada pola propia organización da Quincena Musical), pero sendo unha imaxe que acompaña a un artigo creo que non é tan relevante a súa calidade, eu valoraría máis o feito de que sexa no Palacio da Ópera, que se vexa toda a orquestra, e que apareza o coro (unha parte importante da institución da que trata o artigo). Piquito (conversa) 2 de agosto de 2019 ás 18:49 (UTC)[responder]