Conversa Wikipedia:Propiedade do contido

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Dúbidas[editar a fonte]

Boas de novo Banjo. Eu aquí teño algunha dúbida e suxestión. Como dúbida, o parágrafo dos artigos de calidade semella invitar a "deixalos estáticos", non sei se lle podes dar unha volta: penso que moitos dos artigos de calidade poden ser ampliables e actualizables, polo mesmo desenvolvemento dos acontecementos. Un exemplo: se Montenegro fose de calidade, e no apartado de historia dedicase un parágrafo á súa independencia, pois seica no seu momento estaba completo, mais agora xa choveu. En canto a suxestión, gostaría que quede claro que os editores teñen o "dereito" a engadir marcadores de atención: se eu acho por exemplo que un artigo non ten referencias dabondo, ou non é neutral, ou o que sexa, logo non pode vir o usuario e quitar o marcador mentres non estea solucionado o asunto, entendo eu (sempre con sentido común, obviamente). --Norrin (Fálame) 2 de outubro de 2015 ás 17:47 (UTC)[responder]

Ola Norrin, desculpa a demora nas respostas. De acordo en ámbolos dous puntos que comentas. Reviso a parte dos artigos de calidade para aclarar o punto. O dos marcadores que comentas ven sendo xa un uso e costume habitual, non está "ben visto" en xeral retiralos sen que se solucione en sí o que se indica neles, mais nunca está de máis clarificalo como tal. Engadirei unha sección para clarificar ese punto. Grazas! Banjo tell me 4 de outubro de 2015 ás 16:08 (UTC)[responder]
Feitos os cambios, reformulei o punto dos artigos de calidade e hai unha nova sección que trata o tema dos marcadores de mantemento. Banjo tell me 5 de outubro de 2015 ás 07:19 (UTC)[responder]