Conversa Wikipedia:Non trabes os novatos

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

, uEstas primeiras opinións estaban na páxina de discusión: User talk:Maañón/propostas/non roias aos novatos‎:

Gústame este texto, que creo debe engadirse ós "artigos" a ler cando alguén empeza a colaborar na Galipedia (e tamén a ler de cando en vez polos que xa levamos un tempo, a modo de recordatorio), xunto a eses de "facer un bo artigo", "libro de estilo", "como's", etc. Unicamente discutiría esta frase: "non apontes o erro". ¿Como mostrarlle ó "novato" que fixo algo mal se non llo dis? ¿como aprenderémo-los demais se non lemos estas advertencias e correccións que, aínda dirixidas a outro, nolas podemos aplicar en tantos casos? É certo que hai veces que estas correccións se fan con certa rudeza, sobre todo pensando que van dirixidos a un "novato", pero creo que convén dicirlle ó "novato" onde se equivocou e como debe facelo a próxima vez. Como a calquera de nós cando nos equivocamos, claro. Saúdos. Pedro --Lameiro 21:43, 23 setembro 2007 (UTC)

Grazas pola aportacion. Aínda que ao mellor pecando de pouco práctico, eu coido que, as primeiras veces, debese facer a corrección sin llo dicir no user_talk, para non "espantar" aos recén chegados. Xa haberá tempo e tempo de correxir e de irlle mostrando o camiño. Entendo que debe depender da importancia dos erros, e que cada un sopese se vale mais "pasar por alto" que arriscarse a perder a un recén chegado. O artigo ven directamente da wikiportuguesa, preferino poñer tal cual e despois modificalo cun certo consenso de todos os que queiran participar, está claro que hai que matizar un pouco o que pon o artigo no sentido que ti indicas. O mellor creo que é que propoñas unha redaccion alternativa e imola pulindo entre todos---- Maañón (boura, boura) 21:58, 23 setembro 2007 (UTC)




Novas opinións:

  • Discordo Non polo texto, senón pola intención coa que se fai esto. Está tan claro que o que se pretende é xogar co sistema, para dividir, que non podo máis que estar en desacordo. AlberteSi, digame? 11:25, 4 outubro 2007 (UTC)
  • en qué está tan claro? Lansbricae (Ti dirás) 11:26, 4 outubro 2007 (UTC)

Título do artigo[editar a fonte]

sinto ser tan minucioso, pero: A tradución correcta de bite e morder. Eu estou por ser o mais literal posíbel na tradución destes artigo, porque logo andas cambiando dun proxecto a outro e despistaste. Ademais o conceito é distinto. morder, asi no RAG:

roer v.t. 1. Cortar cos dentes superficialmente ou en anacos moi miúdos [algo máis ou menos duro]. 2. fig. Atormentar ou molestar interiormente e de maneira persistente.

Como se ve roer denota un acto continuado no tempo, case un acoso ao novato, cando aqui o que se queren evitar son as flames

En galego a tradución mais acaida é trabar (usado comunmente para mordeduras de animal: Trabar 5. Apertar con forza entre os dentes [algo ou a alguén]. Traboume o can do Xurxo. ABS. Coidado co cabalo, que traba. SIN. morder, trincar.)

sorry por dar a lata --Emilio juanatey 11:29, 4 outubro 2007 (UTC)

  • paréceme ben, é que na miña zona "roer" significa o mesmo que "morder". Grazas sinceras por ler o artigo e intentar melloralo, reconfórtame ver que as horas que botei a traducir non foron de todo en baldio.---- Maañón (boura, boura) 12:30, 4 outubro 2007 (UTC)

O texto é para consumo interno, tal como está non ten utilidade práctica (é ignorado e ignorable). Non aporta unha solución eficaz. A imaxe que se transmite é a de burocratización. Un feixe de normas feitas para enredar e non aportar solucións concretas (me temo). A idea é boa pero non está ben desenvolvida. Se o problema é o trato que se lle da aos novos por parte dos "burócratas" hai que dicilo así e dirixse a quen crea máis problemas dos que pretende solucionar. --Nemigo 23 de decembro de 2012 ás 03:28 (UTC)[responder]