Conversa Wikipedia:Escritores de Galicia coa obra no dominio público

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Outras listas[editar a fonte]

HombreDHojalata, estaría moi ben ter as outras listas análogas a esta para as outras artes, pintores, escultores e fotógrafos, por exemplo... Cando teñas un momento, poderías facelas? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de decembro de 2018 ás 07:10 (UTC)[responder]

Feito! Feito! agás os escultores. A listaxe dos escultores tería escasa utilidade. Como sabes, ás esculturas na vía pública aplícaselles FoP con independencia da data do pasamento do autor e ás fotografías de esculturas en interiores hai que sumarlle os dereitos do fotógrafo, co que normalmente non poderemos dispoñer delas. --. HombreDHojalata.conversa 21 de decembro de 2018 ás 10:16 (UTC)[responder]
Finalmente fixen tamén a dos escultores. Válenos de control de artigos faltantes. --. HombreDHojalata.conversa 21 de decembro de 2018 ás 10:35 (UTC)[responder]
A de escultores tamén é de utilidade, así saberemos que esculturas poden fotografarse aínda que non estean no interior, nun museo ou calquera outro sitio, penso que pode ter boa utilidade :). Moitas grazas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de decembro de 2018 ás 15:31 (UTC)[responder]
Se podes HombreDHojalata, tamén fai falta a lista de compositores de Galicia. Saúdos, Elisardojm (conversa) 22 de decembro de 2018 ás 09:59 (UTC)[responder]
OK Wikipedia:Compositores de Galicia coa obra no dominio público. Cada 1 de xaneiro hai que acordarse de actualizar o código, para que colla un ano máis. --. HombreDHojalata.conversa 22 de decembro de 2018 ás 10:26 (UTC)[responder]
Grazas! Ah, hai que actualizar a consulta tódolos anos? Onde está o código? Saúdos, Elisardojm (conversa) 22 de decembro de 2018 ás 10:47 (UTC)[responder]

Na propia páxina: en FILTER (?date < "1937-12-31T23:59:59Z"^^xsd:dateTime) o vindeiro 1 de xaneiro hai que mudar o ano 1937 por 1938. --. HombreDHojalata.conversa 22 de decembro de 2018 ás 11:18 (UTC)[responder]

HombreDHojalata, na páxina de probas fixen un arranxo para que non haxa que poñer o ano. Tamén vin que a ordenación por data de falecemento non funciona ben, isto é porque nalgunhas biografías só se ten o ano de falecemento e como outras datas teñen o ano, mes e día, iso fai que saian mal ordenados. A única solución que hai, mentres haxa artigos que só teñen o ano, é ordenar só polo ano de falecemento. Fíxeno así na páxina de proba, o inconveniente disto é que os que teñen a data completa dentro do mesmo ano non saen ordenados. Unha solución parcial sería que no listado só saíse o ano de falecemento, tería menos información pero non aparecerían filas desordenadas. Como o prefires? Saúdos, Elisardojm (conversa) 23 de decembro de 2018 ás 12:57 (UTC)[responder]
Como ti queiras. --. HombreDHojalata.conversa 24 de decembro de 2018 ás 12:30 (UTC)[responder]
Boas de novo HombreDHojalata, cambiei na páxina de probas desta lista o formato da data de nacemento e falecemento para que se amose como DD-MM-AAAA. Eu revisei o resultado e paréceme que está ben, pero como a forma de consulta é un pouco rara non me fío de todo, por iso, se tes un momento, bótalle unha ollada a ver se atopas algunha cousa rara ou se xa vale así. Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de decembro de 2018 ás 18:37 (UTC)[responder]

────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────Pero iso que fixeches estraga a opción de ordenamento por data de nacemento (ou falecemento) da táboa, non?--. HombreDHojalata.conversa 27 de decembro de 2018 ás 20:50 (UTC)[responder]

Ai, si, é certo..., dinlle tantas voltas á consulta que non me decatei diso...., se se amosan as datas en formato DD-MM-AAAA xa non se poden ordenar por ese dato... Se prefires deixalo coas datas en formato AAAA-MM-DD non hai problema, a consulta é máis sinxela. Saúdos, Elisardojm (conversa) 28 de decembro de 2018 ás 00:02 (UTC)[responder]