Conversa Wikipedia:Borrar

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Política de borrado (proposta de engádega)[editar a fonte]

Para solicitar que unha páxina (ou imaxe) sexa permanentemente borrada, a petición feita en Wikipedia:Votacións para borrar, e os votos e comentarios sobre a páxina teñen que facerse de boa fe. Ao cabo de sete días, se existe un consenso sólido (en torno a unha maioría de 2/3), a páxina bórrase. En caso contrario a páxina permanece. A páxina tamén permanece se as razóns que fixeron que estivera proposta para suprimir xa non existen. Rematada a votación, en caso de que a páxina permaneza, debe retirarse o marcador "Votación para borrar" da mesma, e a votación será arquivada. Miguel.lima 14:55, 5 xaneiro 2007 (UTC)

Política de borrado (proposta de supresión)[editar a fonte]

Para solicitar que unha páxina (ou imaxe) sexa permanentemente borrada, a petición feita en Wikipedia:Votacións para borrar, e os votos e comentarios sobre a páxina teñen que facerse de boa fe. Ao cabo de sete días, se existe un consenso sólido (en torno a unha maioría de 2/3), a páxina bórrase. En caso contrario a páxina permanece. A páxina tamén permanece se as razóns que fixeron que estivera proposta para suprimir xa non existen. ¿quen decide si esas razóns siguen existindo ou non? Terá que ser a votación dos editores da galipedia, ¿non?, co cal, esa frase sobraría Miguel.lima 14:55, 5 xaneiro 2007 (UTC)

Política de borrado (proposta de modificación)[editar a fonte]

Para solicitar que unha páxina (ou imaxe) sexa permanentemente borrada, a petición feita en Wikipedia:Votacións para borrar, e os votos e comentarios sobre a páxina teñen que facerse de boa fe. Ao cabo de sete días, se existe un consenso sólido (unha maioría superior ou igual a 2/3 dos votantes), a páxina bórrase. En caso contrario a páxina permanece. A expresión "en torno a" é demasiado ambigüa. Mellor deixalo específicado, si non, cando a maioría esté entre o 60% e o 75%, ¿quen vai a decidir si a maioría é suficiente ou non? Miguel.lima 14:55, 5 xaneiro 2007 (UTC)


Nas votacións para borrar búscase sempre o consenso, normalmente permanecen durante longos períodos de tempo ata que se soluciona o tema. O obxecto da política non é tanto realizar votacións coma establecer criterios e chegar a acordos. Nese sentido se a votación decide algo que é contrario ás políticas da Wikipedia non ten valor (por exemplo decidir que unha páxina que contén un texto con copyright se manteña, etc). De acordo co procedemento establecido nunca se borrou unha páxina con menos do 66,6 % dos votos a favor. Non se soen propoñer moitas páxinas para borrar, os motivos con frecuencia estan relacionados coa vangloria, vaidade persoal ou o proselitismo, temas onde o copyright non está claro ou certas páxinas co contido moi dubidoso. Os criterios que se seguen para xestionar iso son semellantes a outros casos, non se pode retirar o aviso ata que o tema estea resolto. Pode ocorrir que o tema se resolva porque quen propuxo a votación retira a proposta, se non é así son os burócratas do wiki quen pechan a votación, e deixan ou retiran o aviso en función das decisións que se tomaran e as políticas da Wikipedia. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:26, 5 xaneiro 2007 (UTC)

Política ou proposta[editar a fonte]

Esta páxina aparece como política oficial da Galipedia e non atopo en ningures cando foi proposta e consensuada seguindo a política da Galipedia. Desta páxina saíron outras relacionadas sobre as que tamén se debe facer unha analise de si ´çe unha política oficial ou unha proposta. Lansbricae (Ti dirás) 10:32, 15 setembro 2007 (UTC)