Conversa:Zapateiro (insecto)

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Zapateiro penso que é o nome que se lle dá a todo un conxunto de insectos da familia Gerridae que viven na superficie da auga; non só a este (Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para zapateiro.). O nome desta páxina debería ser Hygrotechuis conformis. Tamén se chama zapateiro o Gerris lacustris. O nome zapateiro debería dárselle aos Gerridae en xeral, a non ser que se defina claramente unha especie concreta que leve ese nome. Ademais, hai a páxina dunha chincha ou chinche titulada Nezara viridula onde se di que se lle chama zapateiro tamén a esa sen dar ningunha referencia, e ese si que non é Gerridae nin vive sobre a tona da auga. Habería que comprobar todo isto.--Miguelferig (conversa) 4 de xaneiro de 2017 ás 11:36 (UTC)[responder]