Conversa:Xiros idiomáticos galegos

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Non me acaban de gustar estas páxinas (como a que tiñamos de refráns) porque non deixan de ser unha listaxe que nunca se acaba de encher: ditos, locucións ou "xiros idiomáticos", que non sei ben se é exactamente o mesmo, hai miles e non entendo qué criterio se segue àra escoller estes. Outro problema é que se inclúen o que son realmente refráns (non se conxugan), como por exemplo

  • Diga a miña veciña e teña o meu fol de fariña
  • Orneadas de burro non chegan ao ceo
  • Aprendiz de moitas ciencias, mestre de poucas sabencias
  • Cada moucho no seu souto
  • De tales pais, tales fillos; fillo de porco marrán seguro; de tal pano tal saia
  • Nunca choveu que non escampase
  • Dime con quen vas e direiche o que fas
  • Non hai mellor palabra que a que está por dicir
  • Deus é bo e o demo non é malo

Non sabería clasificar "En todas partes hai cans descalzos, toda a terra éche país".

Outro problema máis: ¿como se lematizan? ¿con verbo, sen el? Véxase, por exemplo: "Ir con pés de la", "andar con pés de la", "Con pés de la".

¿Alfabeticamente? ¿Como detectar, si non, supricados como "Chegar e encher"?

Non sei. Moitas preguntas e ningunha proposta. Pedro --Lameiro (conversa) 21:56, 29 abril 2008 (UTC)

Non pode opinar moito, pero penso concordar con Lameiro. Mudei a primeira frase para dar tono neutro, pero non sei neutralizar os titulos do taboeiro. Isto debese mudar polo menos en canto o artigo queda eiqi. Lameiro ti debes ter unha idea de proposta ? ElviraConversa comigo 22:53, 29 abril 2008 (UTC)

Eu tampouco sei nada, poño algo de bibliografía, por se alguén quixer tirar por aí (mesmo para engadir no artigo). Descoñezo se hai máis.

  • Dicionario fraseolóxico galego, Edicións A Nosa Terra, 2000.
  • Dicionario fraseolóxico século21 castelán/galego, Editoriais Galaxia-Cumio, 2007
  • Dicionario Cumio de Expresións e frases feitas castelán-galego, Ed. do Cumio, 2001.

Xoán Carlos Fraga (conversa) 21 de outubro de 2015 ás 11:30 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Xiros idiomáticos galegos. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 8 de setembro de 2018 ás 09:22 (UTC)[responder]