Conversa:Western blot

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Vou facer unhas consideracións xerais sobre o nome das técnicas de blotting. Estas técnicas son denominadas co seu nome en inglés en todas partes de forma esmagadoramente maioritaria. A tradución ao galego das técnicas de 'blotting' máis sinxela é a de transferencia, xa que nelas a mostra se transfire a unha membrana e despois continúa analizándose. Blot en inglés é 'mancha', e o blotting paper era o papel secante para secar as manchas de tinta. Ao aplicar o papel secante a mancha pasa ao propio papel secante, polo que se produce unha transferencia da mancha de tinta. Isto é algo similar ao que ocorre ao transferir a mostra á membrana nestas técnicas. A tradución como transferencia vese con frecuencia (ver, por exemplo [1]). Outra tradución que se usou foi a de hibridación, pero desa maneira non se está traducindo a palabra (blot, blotting), que dá esa idea de mancha ou 'transferencia' da mancha, senón que se está facendo unha tradución por outra palabra que non ten que ver coa palabra orixinal. Ademais, hibridación ten outros usos como nas técnicas de FISH ou HIS (aí o H si que indica hybridization). Aínda que na técnica inicial, a Southern blot, se usaban sondas de ácidos nucleicos que se hibridaban coa mostra (e tamén se fai iso na northern blot), e para esa técnica tería sentido falar de hibridación, noutras técnicas de blotting os protagonistas son os anticorpos, que se unen á mostra, cos que non se usa normalmente o termo hibridación. O western blot úsase para separar proteínas e usa anticorpos, polo que non hai "hibridación" con sondas de ácidos nucleicos, pero si hai transferencia a unha membrana. En consecuencia, usei como nome da páxina o nome orixinal en inglés, xeneralizadamente usado, na práctica, noutros idiomas. Unha alternativa sería Transferencia western (como na páxina catalana), pero eu non son nada partidario de hibridación western, para esta técnica usada para separar proteínas. Onde está na western blot a hibridación?

Os termos Southern, Western, Eastern etc. son, en realidade un xogo de palabras en inglés. Southern blot vén do apelido do descubridor (Edwin Southern), polo que hai que esribilo con maiúscula. Pero Southern tamén significa 'do sur' en inglés. Cando se inventaron as outras técnicas fíxose un xogo de palabras con isto e ás seguintes técnicas se lles deu o nome de western blot, eastern blot, northern blot etc. ('do oeste', 'do leste', 'do norte' etc.). Neste caso non é necesario escribilas con maiúscula, pero moitas veces aparecen tamén escritas con maiúscula por analoxía coa Southern blot. En calquera caso, se traducimos todo, sería, por exemplo, western blot = transferencia do norte, pero isto ninguén o di, xa que normalmente se usa directamente en inglés (ou transferencia western, ou, na miña opinión máis discutiblemente, hibridación western).--Miguelferig (conversa) 13 de setembro de 2016 ás 10:59 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Western blot. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 28 de agosto de 2018 ás 13:01 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Western blot. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 8 de setembro de 2018 ás 07:04 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (novembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Western blot. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 17 de novembro de 2018 ás 15:55 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (maio 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Western blot. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 9 de maio de 2019 ás 20:50 (UTC)[responder]

Problemas ó arquivar ligazóns no artigo (setembro 2019)[editar a fonte]

Ola. Durante o proceso de arquivado déronse erros para unha ou máis ligazóns enviadas para o seu arquivo. Abaixo inclúense as ligazóns que tiveron un problema coa seguinte mensaxe de erro.

Esta será a única notificación en relación a estas ligazóns e non se farán máis intentos de arquivar estas ligazóns.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 24 de setembro de 2019 ás 17:32 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (febreiro 2020)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 6 ligazóns externas en Western blot. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 14 de febreiro de 2020 ás 07:07 (UTC)[responder]