Conversa:Vitamina E

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O receptor CD36 é un tipo de receptor varrendeiro (scavenger) Unhanova (conversa) 9 de marzo de 2017 ás 13:30 (UTC)[responder]

Scavenger é a típica palabra difícil de traducir, xa que se adoita usar así tal cal en inglés (receptor scavenger). Cando se traduce pode aparecer traducida de moitas maneiras, o que indica que, efectivamente, é difícil de traducir, e con frecuencia ponse ao lado da tradución e entre parénteses (scavenger), para que non haxa dúbidas, tal como fixen eu no artigo. Cando se refire a animais scavenger significa preeiro ou animal que se alimenta de prea ou de residuos. Tamén existen glóbulos brancos scavenger, que fagocitan todo tipo de residuos celulares e microbios. En química cando se refire á neutralización de radicais químicos trátase dunha substancia antioxidante. No caso do receptor CD36, é un receptor situado na membrana celular que pertence á familia dos class B scavenger receptors, que funciona na captación de ácidos graxos de cadea longa e sinalización celular, e doutras substancias (ou "ligandos"); concretamente o CD36 é o scavenger receptor class B member 3 (SCARB3). O que fai é captar eses ácidos graxos que circulan nos fluídos corporais transportados polas lipoproteínas de baixa densidade LDL (low density lipoproteins). Nese sentido varre eses ácidos graxos do organismo e úneos á membrana celular ou introdúceos na célula. Pode traducirse por receptor varrendeiro, vasureiro, rebuscador (no lixo) ou neutralizador (só en determinados contextos), nalgúns textos como receptor vasoira, etc. Creo que o mellor que quedaba aí era varrendeiro e puxen (scavenger) entre paréntese para maior claridade. Se encontras outra solución mellor, pois dimo. En bioloxía molecular hai moitos termos ingleses que son difíciles de traducir en todos os idiomas.--Miguelferig (conversa) 9 de marzo de 2017 ás 17:05 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Vitamina E. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 28 de agosto de 2018 ás 12:01 (UTC)[responder]