Conversa:Vilachá, A Merca, A Merca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Untitled[editar a fonte]

Correcto con esa localización, pero non é un pouco ridículo duplicar o nome da parroquia e do concello? Ten a súa explicación que as parroquias sempre vaian co nome do concello, pero que sentido ten que os lugares deban estar lugar, parroquia, concello? Cantas Vilachás hai na Merca? --Xabier Cid 18:02, 7 maio 2007 (UTC)

Neste caso non é un tema de homónimos senón de seguir a estrutura para todas as entradas de parroquias e lugares, precisamente o nome está indicando de que tipo de entidade se trata. En realidade onde presenta algúns problemas é en casos coma Ribadeo, Ribadeo e Ribadeo, Ribadeo, Ribadeo. O que si nos falta moitas veces son as redireccións (ou homónimos) entre o nome simple e o título final. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 09:32, 10 maio 2007 (UTC)