Conversa:Vasily Yuksern

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Hai tres localidades na República dos Maris co nome de Kugusola, seguín o artigo mari e puxen como localidade natal a aldea que logo formou parte da capital mari, o artigo ruso afirma que foi noutro Kugusola pero eu tampouco atopo referencias importantes (hai moitas páxinas que só copian o que pon a wikipedia en ruso e non as conto) polo tanto hai unha disparidade no táboa da biografía, que non vou mudar sen ter referencias como tampouco creo que se deba mudar sen referencias a localidade que puxen no artigo seguindo a wikipedia mari.--HacheDous=0 (conversa) 28 de agosto de 2018 ás 13:54 (UTC)

Atopei unha fonte especializada e parece que non hai dúbidas de cal Kugusola foi, xa fixen os cambios no artigo.--HacheDous=0 (conversa) 28 de agosto de 2018 ás 14:38 (UTC)