Conversa:Valfendido

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Como se notará, o texto da tradución non é ao cento por cento o do artigo inglés, en concreto nos seguinte puntos:

  • a) Eliminei a sección "Etimoloxía", xa que en galego explicar o significado das palabras que compón o termo Valfendido non ten sentido (son perfectamente transparentes). Con todo, incluín a información relevante na sección principal.
  • b) Decidín renomear a segunda sección "Xeografía e historia" xa que non só se fala da ubicación do lugar, senón tamén da súa fundación e do seu destino. Tamén nesta sección omitín a descrición do clima de Valfendido, porque me pareceu un pouco "collida con pinzas" e de todos os xeitos no semella fundamental.
  • c) Eliminei a sección "Obras citadas" porque non atopei a cita en cuestión, e de todos modos non podía usar o template do orixinal.

Á parte disto, quizais parte do contido do artigo traducido sería prescindíbel, en concreto a parte en que se fala sobre que aconteceu con Celebrían e Arwen. Déixoo á discreción da comunidade.

Un saúdo.

--Manudosde 12:56, 6 xaneiro 2008 (UTC)