Conversa:Ultradereita

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

A imaxe non me parece a máis axeitada, non é que me chiste a AVT e si hai ultradereitistas nesa asociación pero penso que é simplista identificar á AVT con ultradereita.--HacheDous=0 (conversa) 27 de setembro de 2017 ás 18:32 (UTC)[responder]

Mudei a imaxe dun partido de ultradereita.--HacheDous=0 (conversa) 27 de setembro de 2017 ás 18:54 (UTC)[responder]
Home a verdade é que agora custa máis ver as bandeiras da falanxe na imaxe... Da a impresión de que as bandeiras de ultradereita son a bandeira de España en lugar da outra. --AMPERIO (conversa) 28 de setembro de 2017 ás 09:41 (UTC)[responder]

Anticapitalismo[editar a fonte]

Existe ultradereita anticapitalista claro que si a terceira vía pero é minoritaría. Nin sequera dentro do nazismo, onde había un sector claramente anticapitalista, mais acabaron triunfando as teses de Hitler, aínda que se mantivo na propaganda.. A Concise History of Nazi Germany de Joseph W. Bendersky ou [1] Era un réxime totalitario que restrinxiu a liberdade, tamén do capital pero non foi un réxime anticapitalista --HacheDous=0 (conversa) 27 de setembro de 2017 ás 18:43 (UTC)[responder]

Creo que hai unha certa confusión en identificar só ao neofascismo e variantes como ultradereita, cando as forzas electoralmente máis importantes da ultradereita son movementos que poden ter unha orixe fascista ou sectores fascistas pero son outra cousa: dende o Partido do Progreso en Noruega, á Fronte Nacional en Francia ou Fidesz húngaro ... que dificilmente se poden considerar anticapitalistas.--HacheDous=0 (conversa) 27 de setembro de 2017 ás 22:11 (UTC)[responder]