Conversa:Ucraína

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

A sección comercio con Galicia non creo que teña que estar aí, que unha descarga producira molestias nun lugar non é relevante para o artigo Ucraína.--Sernostri (conversa) 22 de febreiro de 2014 ás 20:55 (UTC)[responder]

O mesmo pasa co apartado Relacións con Galicia, que un embaixador ucraíno fixese unha visita protocolaria ao parlamento galego penso eu que non ten relevancia para figurar no artigo, non sei se eu son moi raro pero eu non o vexo con entidade, por moito discurso bonito que se fixese.--Sernostri (conversa) 22 de febreiro de 2014 ás 21:02 (UTC)[responder]

Transcrición[editar a fonte]

Discrepo da transcricíón que se fai aquí no texto do artigo. A transcrición oficial do goberno de Ucraína é Ukrauyina, a que figura na ficha de estado. Unha contradición evidente. --XoioÉche o que hai 25 de marzo de 2014 ás 16:47 (UTC)[responder]

A transcrición no sistema nacional e oficial ucraíno, que é a que está referenciada, é a que aparece no texto do artigo. --Norrin (Fálame) 25 de marzo de 2014 ás 17:06 (UTC)[responder]
A transcrición oficial é esta 1. Na wiki inglesa o sistema empregado é o BGN/PCGN, pensado para o inglés. --Norrin (Fálame) 25 de marzo de 2014 ás 17:13 (UTC)[responder]
Leva razón Norrin, é correcta, así p.ex. o ï so se transcribe yi cando é inicial, no resto é i, así Кадиївка e Kadyivka o i correspóndese co Ï e o y con и pero ï neste caso non é yi--Sernostri (conversa) 25 de marzo de 2014 ás 17:15 (UTC)[responder]
Engadín outras transcricións posibles como referencia. --Norrin (Fálame) 25 de marzo de 2014 ás 17:33 (UTC)[responder]
Nunha nota paréceme correcto pero non como estaba antes mesturando transcricións.--Sernostri (conversa) 25 de marzo de 2014 ás 17:37 (UTC)[responder]
Tedes razón, non sei nada de transcricións. E por iso tampouco sei de onde sairía o Kievan Rus' (a Rus de Kiev) que se repite adoito no artigo. Xa farei unha corrección do artigo (tamén de lingua) e unha ampliación, que boa falta lle fai --XoioÉche o que hai 25 de marzo de 2014 ás 21:38 (UTC)[responder]

Para familiarizarme coas transliteracións do ucraíno (e doutras linguas eslavas), e mentres non haxa unha transliteracición ucraíno-galego autorizada, no sucesivo atereime á oficial do goberno ucraíno, cuxa última versión data do ano 2002, asinada pola señora Timoshenko, que permite tanto a transliteración do nome do país como Ukrayina e Ukraina —así que valen tanto a que figuraba neste artigo antes como a de agora— así como a do nome da antiga primeira ministra, que pode transcribirse como Yulia ou como Iulia (eu prefiro a segunda, que é a que aparece no —breve— artigo desta Galipedia, e que eu non editei). Polo que respecta aos acentos tónicos, que non se representan en ucraíno, haberá que aterse, loxicamente, á pronuncia da AFI —neste caso [ukrɑˈjinɑ]— ou, de non atopala en ningures, facer uso dos que se reprentan figuradamente nalgunhas páxinas para, entre outras cousas, evitarmos incoherencias como as de Sebastopol / Simferópol (en ucraíno Севастóпoль, Sebastópol e Сімферóполь, Simferópol, respectivamente). --XoioÉche o que hai 26 de marzo de 2014 ás 17:04 (UTC)[responder]

A última, que figura na ligazón de enriba é de 2010, e segundo esa páxina a transcrición é Ucraina, que referencia utilizas para dicir que vale tamén Ukrayina no Sistema de transliteración nacional ucraíno?--Sernostri (conversa) 26 de marzo de 2014 ás 17:11 (UTC)[responder]
Traduzo o que pon no cadro de Ï : Comezo de palabra: yi; outras posicións: i . Creo que está ben claro, a non ser que teñas outras referencias que digan que ese documento oficial está anulado, Ukrayina non é correcto nese sistema de transliteración.--Sernostri (conversa) 26 de marzo de 2014 ás 17:20 (UTC)[responder]
No caso de Ю é Yu ao comezo de palabra e iu noutras posicións, se ao final de adopta o sistema ucraíno haberá que denominala Yulia, o que non se pode facer é utilizar parte dun sistema e parte doutro, iso sería inventar algo que non existe, un sistema de transliteración adaptado ao galego, que se tería que facer fóra da Galipedia, por aquilo da investigación orixinal.--Sernostri (conversa) 26 de marzo de 2014 ás 17:28 (UTC)[responder]
1) No ano do cadro, trabuqueime: era do ano 2010.
2) Xa vou apredendo máis. Non me dera de conta de que había diferenza entre a transliteración a principio de palabra (inicial maiúscula) e no medio de palabra (minúscula). En todo caso, o responsábel de Iulia Timoshenko non son eu.
3) Que me dis de Sebastopol/Simferópol? --XoioÉche o que hai 26 de marzo de 2014 ás 18:35 (UTC)[responder]
Terá que haber unha solución común, ou representar os acentos ou non, pero como dis é incoherente utilizalos nuns casos si e noutros non para a mesma lingua (no caso que sexa transliteración se é forma aceptada dun topónimo en galego acreditado por medio de fontes sería outro caso). Tanto o ucraíno como o ruso indican os acentos en dicionarios e outro material pedagóxico pero non é común utilizalos noutro tipo de escritos.--Sernostri (conversa) 26 de marzo de 2014 ás 18:51 (UTC)[responder]
Os acentos non son tal. Nalgúns dicionarios inclúense marcas de pronuncia co acento, mais iso non implica que a palabra rusa leve acento. É como cando márcase o latín con diacríticos en dicionarios e demais, faise para representar a pronuncia, que nos marcamos co AFI. Ningunha transliteración deixa isto ao chou: a bielorrusa nacional, por exemplo, si que marca algúns acentos. Pero polo xeral, non se marcan. Iso non impide pronunciar ben, do mesmo xeito que podemos pronunciar ben "Deutschland" sen engadirlle acento ningún. --Norrin (Fálame) 27 de marzo de 2014 ás 07:42 (UTC)[responder]
Unha precisión, non son tiles pero acentos si que son.--Sernostri (conversa) 27 de marzo de 2014 ás 15:06 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 6 ligazóns externas en Ucraína. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 28 de agosto de 2018 ás 08:23 (UTC)[responder]