Conversa:Tritón común

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

"Limpafontes" e "sabanduxa", denominacións problemáticas[editar a fonte]

"Limpafontes", que nin sequera está recollido no DRAG, non é apropriado como nome común para esta especie. É un vocábulo dialectal de uso moi restrinxido que está recollido no ALGa como sinónimo quer da "cría da ra" quer do insecto acuático chamado "zapateiro", como se explica no artigo de Conde Teira, M. A. (1996): "Acerca dos nomes dos anfibios e réptiles galegos" en Cadernos de Lingua, 13, páx. 77. Real Academia Galega. Por iso debe descartarse en favor da denominación "tritón", proposta en dito artigo e avalada polo DRAG.

"Sabanduxa" tampouco é un nome moi válido porque, como se indica no mesmo artigo de Conde Teira, nas falas serve tanto para designar os "tritóns" como as "salamántigas".

Marcio (conversa) 19 de agosto de 2016 ás 21:43 (UTC)[responder]