Conversa:Tona (leite)

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tona e nata[editar a fonte]

Non entendo nin comparto o contido do artigo. ¿De onde sae esa diferenciación entre tona e nata (e non se se tamén crema)? Tona e nata son sinónimos e perfectamente galegas: son a graxa do leite que se separa (porque se rompe a emulsión) e se acumula na superficie. Evidentemente, non é graxa pura senón que contén trazas de auga e de proteínas. Este nata=tona comíase tal cal ou utilizábase para elaborar distintas sobremesas. Na actualidade, coa práctica desaparición do leite "natural" (permitide este adxectivo forzado, só para diferencialo do leite "de central leiteira"), o único leite que podemos mercar e consumir é -practicamente- o de brik ou de bolsa, esterilizado ou pasteurizado, e sometido a unha homoxeneización dos glóbulos de graxa, de onde só sae unha tona ben cativa. Coa graxa que se extrae do leite elabórase, xa industrialmente, nata (para os amorodos, por exemplo) ou manteiga; e a esta nata si que xa non lle podemos chamar tona. Pero o artigo quédase no leite, sen entrar nestes procesos industriais, e se falamos de leite (do leite de antes) tona e nata évos o mesmo. Pedro --Lameiro (conversa) 13 de xullo de 2013 ás 23:59 (UTC)[responder]

Lendo este artigo e mirando os interwikis vexo que quere referirse a esa capa ou "pel" que se forma ao deixar o leite en repouso, que non é máis ca unha fina película de proteínas. Non sei se me explico. Descoñezo se ten que ver ou non co que todos coñecemos como nata. --Toliño Fala aquí comigo 14 de xullo de 2013 ás 09:59 (UTC)[responder]
Segundo o DRAG (e calquera outro dicionario), tona = Capa sólida formada sobre un líquido, especialmente a que se forma coa graxa do leite cando se deixa en repouso (o subliñado é meu). Non sei que queres dicir co da fina película de proteínas. Descoñezo que exista tal fina película pero se o artigo falara diso non se pode (non se debe) utilizar o título Tona (leite). Pedro --Lameiro (conversa) 14 de xullo de 2013 ás 21:00 (UTC)[responder]
Acabo de comprobar unha cousa curiosa: teño 17 refráns e 14 cantigas -incluídas variantes- relacionados coa tona/nata. Pois ben, só 4 refráns e 1 cantiga empregan tona, fronte a 10 refráns e 13 cantigas que usan nata. Para que logo veñan dicindo que nata é un castelanismo. Pedro --Lameiro (conversa) 14 de xullo de 2013 ás 21:12 (UTC)[responder]

Acabo de reescribir o artigo. Pedro --Lameiro (conversa) 11 de outubro de 2023 ás 21:00 (UTC)[responder]