Conversa:Tipoloxía de vasos da Grecia antiga

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Boas, @MAGHOI, @HombreDHojalata, @Servando2, @Alfonso Márquez, @Angeldomcer, @Lmbuga, @RNC, @Elvire, @Xosé, @Xelo2004, @Xoán Carlos Fraga, @Lameiro, @Breogan2008

Hai un tempo fixen algunha achega na páxina "Cerámica grega", pero ao buscala non me aparecía en galego, e como suxerencia de tradución apareceume https://ca.wikipedia.org/wiki/Ceràmica_grega en catalán. Pensei que sería como me pasara coa "cerámica de figuras vermellas", que puxera algo en https://gl.wikipedia.org/wiki/Pintura_da_Grecia_Antiga, pero agora vexo que foi en https://gl.wikipedia.org/wiki/Cerámica_grega e que hai dúas páxinas que se poderían fusionar (pero eu non sei facer iso). A ver que vos parece. Desculpas polas molestias e saúdos. --Gasparoff (conversa) 3 de xullo de 2021 ás 15:53 (UTC)[responder]

Cráter vs. *crátera[editar a fonte]

A tipoloxía de cerámica grega parece ser que se di cráter (e entón, crátera sería un castelanismo). Non aparece no DRAG pero no VOLGa si, coa nota de "vaso boca de vulcano", que non sei se serán as dúas acepcións (vaso grego e boca de volcan). Nos artigos Cerámica da Grecia antiga e Cerámica grega utilizamos a forma cráter (outra historia será saber por que temos dous artigos para o mesmo), e no artigo de homónimos Cráter tamén utilizamos esta forma para redirixir a un futuro artigo cráter (vasilla). Non obstante, temos 23 aparicións para "crátera" e outras cinco para "cráteras". Salvo que alguén achegue outra opinión, dentro duns días comezarei a corrixir estas 28 formas supostamente erróneas. Tamén é certo que non temos referencias para a forma cráter, salvo esa nota confura do VOLGa, e sería bo achegar referencias para esta escolla. Espero opinións. Pedro Lameiro (conversa) 26 de novembro de 2022 ás 18:59 (UTC)[responder]