Conversa:Tecido muscular

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

No capítulo de músculo estriado esquelético chéirame mal iso de que hai filamentos elásticos de quitina. Debe ser un erro. A quitina é un polisacárido que forma o exoesqueleto de artrópodos e a parede dos fungos; non é unha proteína e non creo que sexa especialmente elástica, e os mamíferos non temos quitina. Non será queratina ou algunha outra proteína? Puxen un aviso de cómpre referencia en quitina (e de paso fixen a páxina da nebulina que está unhas palabras máis adiante).--Miguelferig (conversa) 8 de marzo de 2013 ás 21:20 (UTC)[responder]

Borrei o de quitina, que evidentemente era un erro, e puxen no seu lugar titina, a proteína máis longa do corpo, engadindo unha referencia (que vai ser a primeira referencia deste artigo). De paso vou facer a páxina da titina.--Miguelferig (conversa) 9 de marzo de 2013 ás 14:09 (UTC)[responder]

Tampouco acabo de entender a preferencia por "sarcómera" en vez de "sarcómero". A palabra grega mero sempre se pon así: polímero, dímero, centrómero, blastómero, isómero...-Miguelferig (conversa) 30 de outubro de 2014 ás 21:34 (UTC)[responder]

Problemas ó arquivar ligazóns no artigo (setembro 2019)[editar a fonte]

Ola. Durante o proceso de arquivado déronse erros para unha ou máis ligazóns enviadas para o seu arquivo. Abaixo inclúense as ligazóns que tiveron un problema coa seguinte mensaxe de erro.

Esta será a única notificación en relación a estas ligazóns e non se farán máis intentos de arquivar estas ligazóns.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 18 de setembro de 2019 ás 19:13 (UTC)[responder]