Saltar ao contido

Conversa:Taenia saginata

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled

[editar a fonte]

Non habería que movelo a "tenia da vaca"? Nesta wiki empregamos nomes en lingua vernácula. --Norrin_strange (Fala-me) 30 de xullo de 2013 ás 08:02 (UTC)[responder]

Non sei. Igual si, pero esa norma ten os seus problemas nos taxons inferiores (especie e xénero). Nos taxóns superiores non tanto porque o seu nome case sempre se saca do nome científico, por exemplo Cyclophyllidea = Ciclofílidos (e aínda así algúns non está claro como os habería que pasar a galego ou castelán, ou italiano, etc., porque habería que saber bastante latín e grego, que non todos sabemos, e non hai, nalgúns casos, referencias en galego; este mesmo igual debería ser Ciclofilídeos), pero isto non se pode facer cos taxons inferiores, os cales ou teñen un nome común claro ou non se pode "traducir" o nome científico. Moitas especies non teñen nome galego porque son doutras áreas xeográficas ou mesmo doutros continentes, e mesmo cos que son de aquí pode haber problemas. Por exemplo, tamén fixen a páxina da pulga Xenopsylla cheopis, que transmite a peste, á cal podemos chamarlle "pulga da rata oriental", pero realmente o de oriental é unha invención (en galego); así chámanlle os ingleses, pero oriental con respecto a que? Ademais, houbo moita migración nas especies de ratas, polo que xa viven en case todo o mundo e xa non sei se esa rata e esa pulga son orientais ou occidentais. Ademais esa pulga vive noutros roedores. Tamén fixen a páxina Proteus anguinus (un anfibio cavernícola de Eslovenia e Croacia), que non ten nome en galego; podemos chamarlle "proteo", sacándoo do seu nome científico. Cos invertebrados e os microorganismos é moi complicado usar os nomes vernáculos para xéneros e especies, porque con fecuencia non os hai e carecen de precisión. Titular un artigo "salmonela" pode valer para o xénero Salmonella, pero non para a especie concreta que causa a salmonelose (que é á que se lle chama falando informalmente salmonela), porque o xénero Salmonella ten máis dunha especie. Podes ler tamén as páxinas de conversa dos artigos ameba e Amoeba, que existen os dous, e xa non che digo nada dos artigos bacilo, Bacillus e Bacilli, que existen os tres e que en galego se traducirían os tres por "bacilo/s". Que animal é para ti o "abázcaro", por exemplo? É o macho da abella? Ou un Bombus? Ou a Vespa crabro? Abázcaro ten moita sinonimia, e os nomes científicos inventáronse para evitar sinonimias e imprecisións. Sen saírmos destes vermes, o seu nome verdadeiramente popular é o de "solitaria", pero chámaselle solitaria tanto a Taenia saginata coma a Taenia solium (redireccionei solitaria coa segunda, porque é a máis famosa por producir cisticercose, que non produce a outra tenia). A propia palabra tenia o lóxico é aplicala a todas as especies do xénero Taenia (e así o redireccionei), pero moitas veces se lles chama tenias a todos os cestodos, polo que é moi arriscado poñerlle ao artigo o nome tenia en vez de Taenia. O nome tenia do porco e tenia da vaca déronllos os parasitólogos cando descubriron cales eran os seus ciclos vitais, que tampouco son nomes de orixe popular. Na Viquipèdia en catalán, que tamén pon nomes de taxons en catalán, teñen o artigo "Tènia de la vaca" pero curiosamente teñen tamén o artigo "Taenia solium".
En fin, en moitos destes casos de animais invertebrados creo que é máis seguro o nome científico e nalgúns casos será a única alternativa posible (xa veredes cando haxa moitas páxinas sobre eles, que aínda non hai tantas, especialmente dos raros). Por último, no caso concreto da tenia da vaca igual é certo que se podía poñer de título tenia da vaca e non pasaba nada, pero pareceume máis preciso Taenia saginata, e ademais "tenia da vaca" está redireccionado, polo que ninguén ía deixar de atopalo se o procuraba. Aínda que é obvio que esta tenia é a tenia "da vaca" (pero tamén do home), non atopei referencias en galego con "tenia da vaca", xa que non hai guías publicadas deses invertebrados que eu coñeza, e no DRAG aparecen as voces tenia e solitaria, pero non aparece tenia da vaca nin como entrada nin dentro de tenia. A galipedia non é fonte primaria de nomes, e nese caso o que se adoita facer é poñer o nome científico. Con todo, pola miña parte non me opoño a mudarlle o nome ao artigo, de modo que se queres facelo, adiante.Miguelferig (conversa) 30 de xullo de 2013 ás 17:09 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)

[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Taenia saginata. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 28 de agosto de 2018 ás 00:12 (UTC)[responder]