Conversa:Sempre en Galiza

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Esta edición comenza cunha nota do director da colección, Xesús Alonso Montero titulada "Esclarecendo un pouco", na que se dí textualmente "Os leutores disimularán -i entenderán- as pequenas omisiós -non chegan a duas páxinas en total-, omisios que foron debidas a necesidade de publicar hoxe o texto -texto completo que aparecerá completo cando aquí poda aparecer completo- e que non mancan nin imprecisan ningún dos planteamentos de Castelao". A continuación reproducense os textos omitidos:

Páxina Ubicación Texto censurado
34 liña 11, despois de "Felipe II" para faceren esta guerra noxenta
191 liña 6, despois de "países retrógadas!..." Non se daría nada maís risible se non eisistira un Exército regular e a Garda Civil para defender esta hipocresía, esta ficción, esta falsedade; pero xa non é risible senón indiñante, a posición suicida das "esquerdas" e do mesmo proletariado.
195 liña 5, despois de "miliatarismo" que se consideraba ferido nos seus sentimentos patrióticos e hipotecou a independencia da patria,
195 liña 15, despois de "en pólvora" Eles representaban o orgullo, a soberbia e a vaidade; é decir, o máis vello, máis negro e máis podre da Hespaña centralista. Veles aí van:

MILITARISMO

A bravura dos militares hespañoes era o medo que metía medo.

O coartel era un convento onde se xuraba, se blasfemaba, se conspiraba contra o Goberno, se pegaban labazadas, se depelicaban patacas e se tocaba a corneta. Alí os xefes e oficiaes escollían asistentes.

Os militares usaban bigotes e padecían de catarro crónico. Adobiábanse con plumas, charoles, ferros e botóns dourados, para

namoraren mulleres. Gostaban máis das procesións que das batallas. Perdían as guerras —eso é verdade—; pero perdíanas groriosamente. Eran cabaleiros no Casino e arrieiros no fogar. Chegaban a xeneraes polo riguroso turno de antigüedade. Morrían de prostatitis crónica (nos militares hespañoes todo era crónico).

Os militaristas amaban a “intanxible unidade da patria”. Creían que Isabel a Católica descobrira as Américas. Tiñan unha espiña cravada no corazón: Xibraltar. Arruináranse comprando “marcos” e seguían sendo xermanófilos.

Por algo foron vencidos polo povo.

Problemas ó arquivar ligazóns no artigo (setembro 2019)[editar a fonte]

Ola. Durante o proceso de arquivado déronse erros para unha ou máis ligazóns enviadas para o seu arquivo. Abaixo inclúense as ligazóns que tiveron un problema coa seguinte mensaxe de erro.

Esta será a única notificación en relación a estas ligazóns e non se farán máis intentos de arquivar estas ligazóns.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 16 de setembro de 2019 ás 00:34 (UTC)[responder]