Conversa:Semellanza (xeometría)

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ángulos iguais e semellanza[editar a fonte]

Sigo sen entender esta parte: "No caso do triángulo, a forma só depende dos seus ángulos. Porén, non é así no caso dos rectángulos..." Coa primeira parte estou totalmente de acordo (no caso do triángulo a forma só depende dos seus ángulos), pero na segunda parte non sei por que se di que o rectángulo é unha excepción ("Porén, non é así no caso dos rectángulos..."). Se dous rectángulos teñen os ángulos iguais son semellantes, xa que a súa forma depende dos seus ángulos; poderán ser de distinto tamaño ou cambiados de posición, pero teñen a mesma forma e son semellantes entre si.--Miguelferig (conversa) 20 de marzo de 2017 ás 13:02 (UTC)[responder]

Os ángulos de todos os rectángulos son iguais (todos os rectángulos teñen catro ángulos rectos). Pero se temos un rectángulo ABCD con segmentos, por exemplo, e , non será semellante ao rectángulo A'B'C'D' con segmentos, por exemplo, e , xa que os lados correspondentes non son proporcionais: pero .--Jglamela (conversa) 21 de marzo de 2017 ás 17:56 (UTC)[responder]
Para min que sobra esa segunda parte. Non é certo, como di Jglamela, e tampouco achega nada. Pedro --Lameiro (conversa) 21 de marzo de 2017 ás 18:53 (UTC)[responder]
Ah, pero é que eu estaba interpretando rectángulo aí como "triángulo rectángulo", é que ao ir no texto inmediatamente despois da frase do triángulo, pensei que se refería ao triángulo rectángulo, por iso me parecía estraño. Ademais, no texto orixinal (que despois foi modificado) dicía "cando un dos seus ángulos é recto", o cal me fixo interpretar que falaba dun triángulo rectángulo, xa que estes teñen un ángulo recto (e non catro como os rectángulos). En calquera caso, comprendido agora. Se é un rectángulo estou de acordo, obviamente.--Miguelferig (conversa) 21 de marzo de 2017 ás 22:15 (UTC)[responder]
Por iso cambiei a redacción, incluín a ligazón a "rectángulo" e engadín a referencia. De todos os xeitos se non está claro abondo pódese volver redactar para que quede máis claro ou poñelo en parágrafos diferentes.--Jglamela (conversa) 22 de marzo de 2017 ás 19:00 (UTC)[responder]