Conversa:Santiago o Maior

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Quizais debérase emprega-lo nome real do apóstolo, Xacobe, xa que o seu nome non era tan premonitorio como para incluír o Sant. Ou cando menos facer mención no artigo a este feito. Alberte Si, dígame? 17:31, 15 febreiro 2009 (UTC)

  • En galego non sería Iago?--Hugo22 17:50, 15 febreiro 2009 (UTC).
  • Iago deriva de Iacobi, que en galego é Xacobe. A verdade é curioso como a partir dun nome que ten a súa equivalencia en galego se formou tamén outro nome. Alberte Si, dígame? 17:57, 15 febreiro 2009 (UTC)
  • Santiago é o nome polo que se coñece ese apóstolo en galego, non se coñece, aínda que tamén se pode (ou podería) utilizar, como Xacob, Iago, Diego, Xaime ou Xácome.--RNC 18:15, 15 febreiro 2009 (UTC)
  • Mudei un tanto a redacción para que quede claro que Santiago non era o seu nome de nacemento pero si o nome co que se coñece ao personaxe.--RNC 18:32, 15 febreiro 2009 (UTC)