Saltar ao contido

Conversa:SARM

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Definición

[editar a fonte]

Creo que a definición inicial é discutible. SARM é unha bacteria, non un "contaxio" nin unha "enfermidade" (aínda que esa bacteria produce unha enfermidade). Habería que empezar dicindo que SARM é unha bacteria chamada Staphylococcus aureus resistente á meticilina... etc. etc. e seguidamente falar da enfermidade que produce (como efectivamente se fai despois no artigo). Tampouco está demais engadir secundariamente que as súas siglas en inglés son MRSA, porque despois esas siglas van saír en moitas das referencias indicadas e porque a literatura científica que se consulte vai estar maioritariamente en inglés (neste campo e en case todos).--Miguelferig (conversa) 5 de xaneiro de 2013 ás 17:12 (UTC)[responder]

Como ninguén respondeu, fixen algúns cambios no parágrafo inicial da definición, que modificaron os aspectos indicados anteriormente.--Miguelferig (conversa) 7 de xaneiro de 2013 ás 11:22 (UTC)[responder]